Ence ubicará en Ortigueira, Vimianzo e en Baamonde plantas de produción de biomasa

A compañía anunciara hai un mes a instalación en Galicia de tres centros adicados a producir estelas de piñeiro e de eucalipto, sen concretar a súa localización

Ence ubicará en Ortigueira, Vimianzo e en Baamonde plantas de produción de biomasa

Ence desvela a ubicación dunha das tres plantas que ubicará en Galicia.

Ence situará en Ortigueira (A Coruña) a terceira das tres plantas de produción de biomasa que prevé crear en Galicia nos próximos meses. A instalación ubicarase no parque de madeiras que xa ten a compañía na localidade. Ortigueira é un enclave central nunha das grandes zonas produtoras de eucalipto.

As outras dúas instalacións ubicaranse en Vimianzo e en Baamonde, segundo xa anunciara Ence recentemente. A planta de Vimianzo asentarase no actual parque de madeiras de Ence na localidade, inaugurado hai poucos meses e que dá servizo a proveedores da zona. Ese parque transformarase nun centro adicado á captación e estelado de madeira de eucalipto e de piñeiro.

Outra das instalacións ubicarase en Baamonde (Lugo), nunha zona con boas conexións de comunicación, pois é onde enlazan a A6 e a A8, así como a N-VI e a N-634. A compañía, que non dispón de instalacións neste concello, destaca de Baamonde que é un enclave con abundancia de masas próximas, tanto de eucalipto como de piñeiro.

As estelas producidas nos centros de bioenerxía comercializaranse para o seu uso como biocombustible en instalacións térmicas de calefacción e auga quente sanitaria, segundo indica a compañía en nota de prensa.

Servizos ó sector forestal

A actividade das plantas de biomasa completaranse con servizos dirixidos ó sector forestal. Ence ten previsto alugar maquinaria de traballos forestais, así como formar ós usuarios na súa utilización.

Outra das cuestións nas que se especializarán os centro é na venda de plantas e sementes de eucalipto. A compañía tamén anuncia que ofrecerá especies autóctonas, necesarias nas plantacións forestais para cumprir os estándares de certificación forestal sustentable.

Emprego
Os tres centros de biomasa que ten previstos Ence en Galicia suporán a creación de 24 empregos, segundo as previsións da compañía. A empresa tamén valorou hai un mes o investimento que será necesario para a posta en marcha dos centros de bioenerxía, un total de 20 millóns de euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información