En Galicia e no resto do noroeste español, o monte é moito máis que unha paisaxe: é fonte de vida, emprego e desenvolvemento. Durante xeracións, o sector forestal proporcionou ingresos a moitas familias; é un motor económico que transforma un recurso renovable, a madeira, en oportunidades. Con todo, para que este potencial sexa plenamente aproveitado, é fundamental apostar por unha xestión activa e sustentable que garanta a súa continuidade no tempo.
Os propietarios forestais son a alma deste ecosistema. O seu compromiso coa xestión do monte permite manter a súa produtividade e sustentabilidade, e Ence Terra acompáñaos durante todo o ciclo de vida dos seus eucaliptos, proporcionando ferramentas, apoio e asesoramento para optimizar o rendemento dos seus terreos.
Ence Terra acompaña ós propietarios forestais ó longo de todo o ciclo de vida dos seus eucaliptos, prestando apoio e asesoramento
Ademais, fomenta prácticas que permiten obter máis madeira da mesma superficie, contribúen á prevención de incendios e aseguran un aproveitamento responsable e beneficioso para todos.
Pero non se debe esquecer o papel esencial dos profesionais do sector: empresas de selvicultura, de operacións forestais e rematantes de madeira xeran emprego e riqueza para o rural a partir dos recursos forestais.
Para facilitar o seu traballo, Ence Terra pon á súa disposición servizos clave coma un taller móbil e maquinaria de substitución, que garanten a continuidade da actividade forestal.
As empresas forestais contan co apoio dun taller móbil e de maquinaria de substitución, facilitados por Ence Terra
Consciente da necesidade de atraer talento, a compañía impulsa programas de formación práctica con máis de 300 horas de aprendizaxe en simuladores e maquinaria real, mellorando a seguridade e eficiencia no monte. Ademais, Ence Terra colabora con empresas especializadas na procura de profesionais cualificados, reforzando a base dun sector en constante evolución.
Ence Terra desenvolve programas de formación práctica con máis de 300 horas de aprendizaxe en simuladores e maquinaria real
A actividade forestal ten un impacto directo no desenvolvemento das zonas rurais. Grazas a unha xestión responsable e activa, xéranse oportunidades, fíxase poboación e impúlsase a economía local.
Ence Terra traballa para que esta riqueza reverta nas comunidades, a miúdo de forma complementaria a outros ingresos procedentes da agrogandería ou o turismo, promovendo a cooperación entre propietarios, profesionais e administracións, e asegurando un futuro sustentable para o sector.
A madeira é unha ferramenta poderosa na loita contra o cambio climático e contra a contaminación por plásticos
A madeira, ese recurso natural que os propietarios producen e coidan nos montes nos que invisten, é moito máis que unha simple materia prima: é unha ferramenta poderosa na loita contra o cambio climático e contra a contaminación por plásticos. Pero como aproveitar todo o seu potencial sen esgotar os nosos recursos?
A resposta está na xestión forestal responsable, que permite obter madeira de maneira equilibrada e impulsar a economía rural, á vez que asegura que os montes sigan sendo vitais para o planeta.

Paisaxe agroforestal.
Apostar pola madeira como recurso renovable é apostar por un futuro de solucións innovadoras e sustentables. Unha contribución á descarbonización e a unha bioeconomía circular que vai máis aló dos produtos actuais, tantas veces esenciais, incorporando desde o desenvolvemento de novas solucións a partir da madeira ata a produción de enerxía limpa, que aproveita os subprodutos forestais. As posibilidades son infinitas.
Investir na xestión forestal activa é unha oportunidade para xerar emprego, fortalecer a economía rural e, sobre todo, dar forma a un mundo máis próspero e saudable para todos.