Ence Terra pon en marcha Vilalba un lugar de adestramento pioneiro para operadores de motoserra

Lugar de adestramento impulsado por Ence TerraEnce Terra ven de poñer en marcha un innovador lugar de adestramento para operadores de motoserra, situado en Vilalba (Lugo). Este proxecto pioneiro en Europa e que conta coa colaboración de Forma-T, ten como obxectivo principal mellorar a concienciación preventiva dos profesionais do sector forestal, reforzando así a seguridade nas súas operacións diarias no monte.

Este lugar de adestramento está deseñado para proporcionar aos operadores de motoserras sesións prácticas e avanzadas mediante o uso de simuladores mecánicos dos principais riscos no apeo de arboledo con motoserra. Estes simuladores permiten aos motoserristas experimentar e mellorar a manexar situacións de risco de maneira segura e controlada, reducindo así a incidencia de accidentes en campo.

O lugar de adestramento inclúe diversos simuladores que recrean situacións reais de traballo forestal. Entre eles, o simulador de rebote da espada da motoserra, de caídas de pólas, que incide na importancia do uso do casco, ou de tensións na madeira durante o tronzado ou desramado entre outros.

A inauguración do centro contou coa presenza de José Manuel Tubío, director de Subministración en pé e Patrimonio de Ence Terra,  e Roberto Manteiga, xerente de Seguridade e Saúde Laboral de Ence Terra; tamén de Augusto Khaler, destacado experto forestal chileno cunha dilatada experiencia no sector, quen colaborou estreitamente no deseño e posta en marcha deste proxecto.

A posta en marcha desta instalación tamén reuniu a diversas asociacións forestais, representantes da administración e outros actores clave do sector forestal, quen expresou o seu apoio a esta nova infraestrutura de formación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información