A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Ence Terra, a mellor aliada para o propietario na xestión forestal sostible

No Noroeste da Península, a xestión forestal está a cambiar, non só pola evolución natural do territorio, senón tamén por unha transformación silenciosa que ten como protagonistas aos propietarios de montes.
Neste contexto, Ence Terra consolidouse como un referente na xestión forestal sostible na península ibérica. Con máis de 70.000 hectáreas xestionadas, o seu modelo está deseñado para dar solucións ao propietario.

A compañía ofrece diferentes modalidades de contrato que se adaptan ás súas necesidades: desde o convenio, no que Ence asume os investimentos e descóntaas do valor da madeira ao momento do corte, ata o consorcio, onde ambas as partes comparten ingresos tras a explotación nunha porcentaxe fixada desde inicio, pasando polo arrendamento con renda fixa ou o modelo mixto, que combina renda periódica e porcentaxe sobre o valor da madeira.

A proposta de Ence Terra inclúe unha xestión integral que abarca desde os trámites legais ata as actuacións silvícolas, o mantemento, as replantaciones e o control de pragas e riscos. Ademais, os propietarios poden beneficiarse de vantaxes adicionais como a certificación forestal, a inscrición no rexistro de sumidoiros de CO₂ —cando é posible— e o acceso a material vexetal mellorado nos procesos de reforestación.

Xestión profesional
Cada vez son máis os que optan por delegar a xestión dos seus terreos en mans expertas, a través de contratos de xestión forestal que ofrecen unha alternativa práctica, rendible e segura para quen non dispoña do tempo, os coñecementos técnicos ou simplemente prefire evitar o papeleo e as xestións que leva consigo o coidado do monte.

Estes contratos permiten unha xestión profesional que libera ao propietario de preocupacións, á vez que garante unha maior rendibilidade a medio e longo prazo. A planificación de aproveitamentos, as melloras continuas e o cumprimento das normativas ambientais son piares fundamentais deste modelo, que tamén abre a porta a certificacións forestais e a un aproveitamento sostible do recurso.

Ademais, a transparencia é unha constante: as condicións están claramente definidas, os prazos son concretos e as responsabilidades están ben delimitadas, o que xera confianza entre as partes.

Desta forma, os contratos de xestión forestal preséntanse como unha ferramenta clave para o futuro do monte, unha alianza estratéxica entre propietarios e xestores que apostan pola sustentabilidade, a rendibilidade e a tranquilidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *