Ence mellora resultados e obtén un beneficio de preto de 41 millóns até setembro

A cifra de negocios sitúase até setembro en 668,1 millóns de euros, un 6,1% máis en relación aos nove primeiros meses de 2023

ENCEEnce alcanzou un beneficio neto de 40,8 millóns de euros até setembro de 2024 fronte ás perdas de 28,2 millóns rexistradas no mesmo período do ano anterior.

Este dato alcánzase grazas á mellora do prezo da celulosa que, até setembro, rexistrou un prezo neto de 670,1 euros, preto dun 12% máis que no mesmo período de 2023. A pesar desta evolución á alza, o prezo neto tende á moderación tanto en China como en Europa.

Pola súa banda, o custo por tonelada (cash cost) no nove primeiros meses do ano situouse en 483,4 euros, o que supón unha redución do 12,5% con respecto ao mesmo período de 2023.

No que respecta ao resto de parámetros económicos da compañía hai que destacar que o ebitda consolidado do grupo situouse, até setembro, en 152,5 millóns, máis do dobre que os 63,7 millóns de euros que rexistraba entre xaneiro e setembro de 2023. Destaca o resultado bruto de explotación do negocio de celulosa que reporta 131,8 millóns no nove primeiros meses do ano, case cinco veces máis que no mesmo período de 2023.

No que respecta ao negocio de renovables hai que facer referencia ao crecemento do ebitda do 114,8% interanual do terceiro trimestre até situarse en 9,4 millóns de euros, apoiándose na recuperación do volume de xeración, a redución dos custos de operación e a mellora do prezo medio de venda.

resultados ence setembro 24

Proxecto de recirculación na biofábrica de Pontevedra

No nove primeiros meses do ano, a produción de celulosa aumentou un 4,6% até alcanzar 741.114 toneladas debido á maior actividade da biofábrica de Pontevedra.

Pola súa banda, a produción de celulosa no terceiro trimestre alcanzou as 248.180 toneladas, o que supón un 7,5% máis que no mesmo período de 2023 grazas á posta en marcha do proxecto de recirculación do efluente na biofábrica de Pontevedra. Isto permitiu operar con normalidade durante o período estival e compensar o efecto da parada anual de mantemento, que en 2024 efectuouse durante o terceiro trimestre mentres que en 2023 efectuouse durante o segundo.

Segundo dividendo a conta

Con data 29 de outubro, a sociedade aprobou a distribución dun segundo dividendo de 0,033 euros brutos por acción a conta dos resultados de 2024, que será abonado o próximo 7 de novembro.

O pasado 30 de xullo, a compañía deu luz verde á distribución dun primeiro dividendo a conta dos resultados de 2024 de 26 millóns de euros, equivalente a 0,107 euros brutos por acción, abonado o pasado 7 de agosto.
Ambos os dividendos supoñen unha rendibilidade por dividendo para o accionista do 5%, calculada sobre a cotización do peche do trimestre. Ence é unha das cotizadas españolas con maior rendibilidade por dividendo.

Refinanciamento de Magnon

Como fito destacado do exercicio hai que facer tamén referencia a que a filial de enerxía renovable de Ence, Magnon Green Energy, pechou o refinanciamento da súa débeda corporativa por importe de 190 millóns de euros.

A operación, que se levou a cabo cun pool de entidades financeiras e investidores institucionais nacionais e internacionais, abarca un préstamo sindicado de 170 millóns de euros e unha liña revolving de 20 millóns. Trátase dun financiamento que lle permite estender os seus vencimientos até 2032.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información