¿En que comunidades se está concentrando a produción de leite de vaca en España?

ENTREGAS LEITE MINISTERIO 3A produción de leite de vaca en España está a concentrarse cada vez máis en tres comunidades: Galicia, Castela e León e Andalucía, mentres que permanence estancada ou con lixeiros incrementos noutras tradicionais rexións produtoras como Asturias, Cantabria e Cataluña.

Así, se recolle no informe “Estrutura do sector vacún leiteiro de España: 2016-2020” que acaba de publicar o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

En concreto, durante ese período a produción de leite en España incrementouse un 8%, pasando de 6,8 milllones de toneladas a 7,4, pero con importantes diferenzas. Así, Galicia reforzou o seu liderezgo na produción cun incremento do 11%, mentres Castela e León, o segundo produtor en volume, fíxoo nun 7% e Andalucía, quinta produtora, nun 11%. Porén, outras rexións importantes produtoras de leite moderaron ou mesmo reduciron as súas entregas: Cataluña creceu un 3%, Asturias un 1,5% e Cantabria estancouse nun 0,1%.

En termos porcentuais, os maiores incrementos rexistráronse na Rioxa (+35%), Canarias (+27%), Valencia (+19%) e Aragón (+18%), aínda que o seu peso na produción nacional é menor.

Por tipo de explotación, durante o período 20016-2020 baixaron as entregas nas gandarías de menos de 500.000 kg de produción anual e os maiores incrementos concentráronse nas granxas de vacún dos estratos 5 (1-3M kg) e 6 (3-8M kg) con 414.843 T e 291.948 T, respectivamente. No estrato 5 (1-3M kg) foi Galicia a comunidade que presenta maior incremento de entregas, con 270.455 T máis (+44%), mentres que no extremo contrario está Cataluña cun descenso de 25.654 T (-10%). No estrato 6 (3-8 M kg) a comunidade autónoma con maior incremento de produción é de novo Galicia con 126.090 T máis (+114%) mentres que, o descenso máis acusado está en Aragón con 19.207 T menos (-49%).

ENTREGAS LEITE MINISTERIO 1 ENTREGAS LEITE MINISTERIO 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información