En que comunidades se cobrou máis en 2020 polo seguro agrario e gandeiro?

En que comunidades se cobrou máis en 2020 polo seguro agrario e gandeiro?

As treboadas de saraiba deixaron máis de 427.300 hectáreas afectadas, e unha sinistralidade por valor de 241,3 millóns de euros

A sinistralidade do seguro agrario situouse en 632,9 millóns de euros en 2020, segundo os datos rexistrados por Agroseguro. Trátase do cuarto exercicio consecutivo por riba dos 600 millóns, aínda que sen superar a 2012, que se mantén como o ano con maior volume de sinistralidade. En concreto, o cociente de sinistralidade sobre a prima de risco situouse no 99,6%.

Desde Agroseguro atribúen esta sinistralidade a que “desde principios de ano, coa chegada da borrasca Gloria, os fenómenos meteorolóxicos desenvolvéronse sen solución de continuidade”. Segundo o sistema español de Seguros Agrarios Combinados especialmente daniñas resultaron as fortes e reiteradas treboadas de saraiba, que deixaron máis de 427.300 hectáreas afectadas, e unha sinistralidade por valor de 241,3 millóns de euros. Pola súa banda, os danos provocados polas choivas e inundacións situáronse nos 78,9 millóns, mentres que os temporais de vento foron responsables de 34,5 millóns. A superficie sinistrada total situouse en 893.500 hectáreas. .

A inestabilidade meteorolóxica afectou especialmente aos fruticultores, que recibiron indemnizacións por valor de 132,4 millóns, e aos produtores de hortalizas, con 68,9 millóns. A continuación, séguenlles os produtores de cítricos, con 53,3 millóns; a uva de viño, con 44,3 millóns; e os cultivos herbáceos extensivos, con 43,1 millóns.

No ámbito pecuario, os seguros de accidentes e enfermidades alcanzaron os 55,7 millóns en indemnizacións, ás que se engaden os 78,6 millóns pertencentes ao seguro de retirada e destrución de animais mortos. Son destacables os sinistros en acuicultura, que ascenderon a 25,7 millóns, principalmente polos danos provocados polas tormentas marítimas asociadas ao paso da borrasca Gloria.

Valencia e Castela-A Mancha á cabeza

AGROSEGURO SINISTRALIDADE 2020

Por comunidades autónomas, a Comunidade Valenciana e Castela-A Mancha rexistraron 92,6 e 85,4 millóns de sinistralidade, respectivamente. A continuación, séguenlles Cataluña (76,5 millóns), Rexión de Murcia (74,2 millóns), Estremadura (62,3 millóns) e Aragón (61,7 millóns). Galicia rexistrou 26,5 millóns de sinistralidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información