En maio choveu na provincia de Lugo ata a metade dun mes normal

O resumo climatolóxico de Aemet confirma a maio como un mes máis seco e con menos chuvias que a media

Publicidade
En maio choveu na provincia de Lugo ata a metade dun mes normal

Segundo o útimo resumo climatolóxico de Aemet, as anomalías de temperatura rexistradas no pasado mes de maio en Galicia foron moi similares ás de abril, con temperaturas máis altas dos valores normais. Pola contra, e seguindo a tendencia do mes de abril, as precipitacións foron inferiores á media, ata un 50% menos do normal en gran parte da provincia de Lugo.

Con excepción de zonas do extremo occidental, onde se superou o 120% dos valores normais, as precipitacións resultaron inferiores á media. As máis importantes producíronse durante os catro primeiros días, cando en estacións da zona citada superáronse os 60-70 l/m2 en 24 h. Para moitas destas estacións as cantidades acumuladas durante eses catro días representaron máis do 90% do total do mes.

Destacan os 80 litros recollidos o día 2 en Casas do Porto, onde ademais se rexistraron 65 litros o día 1 e 62 o día 4.

O número de días de precipitación maior ou igual que 1 l/m2 varía, para os observatorios principais, entre 6 e 8, resultando segundo os casos, entre 3 e 5 días inferior á media.

DATOS_CLIMATICOS_GALICIA_MAIO_2015

Autor: Aemet

Temperaturas de ata 33.5 graos en Ourense

Ao igual que sucedese en abril, as temperaturas medias de maio resultaron superiores ás normais en toda Galicia. As anomalías máis baixas, menores que 1º C, se produciron no norte e noroeste, onde a influencia do vento do nordés impediu que as temperaturas alcanzasen valores moi altos.

As máximas máis elevadas superaron os 30º C, tanto no interior (33.5 º C en Ourense e 33.4 no Barco de Valdeorras, en ambos os dous casos o día 12) como na zona de Rías Baixas (31.0 º C en Vilagarcía e 30.5 en Vigo os días 27 e 28). Como contraste, na costa norte apenas superaron os 25º C: 26.4 na Coruña, 25.9 enFerrol, en ambos os dous casos o día 12 e 23.8 en Ribadeo, o día 4.

Resultaron mesmo inferiores ás rexistradas nalgunhas áreas con alturas en torno a 1000 m: 28.1 º C en Cervantes (1020 m) e 27.9 en Chandrexa (990 m), en ambos os dous casos o día 12.

O día 4, a aproximación dunha baixa provocou os refachos de vento máis importantes do mes. Superáronse os 90-100 km/h no litoral e zonas altas. Pódese destacar 123 km/h en Chandrexa, 113 en Estaca de Bares e 91 no Aeroporto de Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información