En Galicia e Asturias o 80% dos tractores teñen máis de 20 anos

A organización agraria Unión de Uniones de Agricultores y Ganaderos, tras unha análise dos datos de antigüidade de maquinaria en España facilitados polo Ministerio de Agricultura, destaca que un terzo dos tractores que están en alta nos rexistros oficiais superan os 40 anos de antigüidade.

O parque de tractores, no seu conxunto, presenta un envellecemento notable xa que igualmente, ao redor dun 40% teñen entre 20 e 40 anos. A organización sinala que “canto máis vella é a maquinaria, menores prestacións de rendemento e eficiencia enerxética ten nas súas tarefas, ademais dos problemas que se poden carrexar no seu mantemento e de seguridade para o agricultor”.

A vida en condicións óptimas dun tractor depende da intensidade do seu uso, de forma que se este é intensivo pode oscilar entre os 10 e 15 anos, aínda que cun uso máis moderado pódese alongar ata os 20-25 anos. Segundo isto, case as tres cuartas partes das 900.000 unidades de tractores en alta en España estarían por encima dos limiares de operatividade máis eficiente.

As comunidades autónomas de Asturias, Galicia e Madrid, serían as que manteñen un parque máis envellecido cun 80% ou máis de tractores por encima dos 20 anos.

Gráfico - antigüedad tractores - Copia

En todo caso estes datos proceden de rexistros de inscricións que están en constante depuración e, ademais, non é infrecuente, segundo o MAPA, que os tractores que quedan inservibles non se dean de baixa no Rexistro oficial de maquinaria agrícola (ROMA) o que pode dar un rumbo á alza na proporción dos tractores máis antigos.

Con respecto aos remolques a situación tampouco varía. Neste caso, os remolques de 40-49 anos, son os máis numerosos, chegando a superar o 30%, e sendo a Comunidade Foral de Navarra, o País Vasco e Castela e León as comunidades con este tipo de maquinaria máis antiga.

A excepción márcana as máquinas automotrices de recolección, tendo case a maioría menos de 20 anos.

Segundo Unión de Uniones, “as razóns de manter nas explotacións tractores con tantos anos de traballo son variadas, pero fundamentalmente teñen que ver co alto custo de adquisición dos novos, a rendibilidade reducida do sector e a falta de substitución xeracional”. Mellorar as axudas ao RENOVE e aos investimentos agrarios, simplificar os trámites administrativos e outorgar prioridade para os agricultores profesionais contribuiría, segundo Unión de Unións, a mellorar a situación actual.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información