Un total de 75.943 pasaron a inspección técnica de equipos fitosanitarios (Iteaf), dos 220978 que obrigatoriamente, segundo estableceu a directiva da Comisión Europea, tiñan que pasar en España antes do 26 de novembro, o que supón o 34% do total.
Así se desprende da información oficial facilitada a Campo Galego polo Ministerio de Agricultura, aínda que faltan por contabilizar nalgúns casos as inspeccións pendentes por atrasos na inscrición no Roma.
Soamente cinco comunidades cumpriron os prazos : Madrid, Cataluña, Navarra, Castela a Mancha e A Rioxa. Preto de alcanzar o 50% de inspeccións quedáronse Aragón e País Vasco. A menor porcentaxe de ITEAF realizadas rexistrouse en Andalucía, Asturias e Baleares. Galicia quedouse, segundo a información facilitada ata o momento, no 14,96% de equipos que pasaron a inspección.
En canto a que pasará co 66% de equipos que non pasaron a Iteaf obrigatoria, de momento o Ministerio non se pronuncia sobre se aplicará sancións, conforme establece o Real Decreto 1702/2011. A Xunta de Galicia, e organizacións agrarias como Unións Agrarias, solicitaron ao Mapama unha prórroga na aplicación da directiva europea, sen que ata o momento transcendese información respecto diso.
|
COMUNIDAD AUTÓNOMA |
Nº DE EQUIPOS A INSPECCIONAR |
EQUIPOS INSPECCIONADOS |
% DE INSPECCIONES |
|
ANDALUCÍA |
61062 |
2321 |
3,80% |
|
ARAGÓN |
17078 |
8182 |
47,90% |
|
CANARIAS |
530 |
69 |
13,01% |
|
CANTABRIA |
105 |
||
|
CASTILLA LA MANCHA |
33497 |
17614 |
52,58% |
|
CASTILLA Y LEÓN |
31183 |
10206 |
32,72% |
|
CATALUÑA |
20050 |
14019 |
69,92% |
|
COMUNIDAD DE MADRID |
1234 |
869 |
71,58% |
|
NAVARRA |
4425 |
2850 |
64,40% |
|
COMUNIDAD VALENCIANA |
15059 |
5442 |
36,13% |
|
EXTREMADURA |
9139 |
3761 |
41,15% |
|
GALICIA |
10477 |
1568 |
14,96% |
|
ISLAS BALEARES |
524 |
38 |
7,25% |
|
LA RIOJA |
8014 |
5681 |
70,88% |
|
PAÍS VASCO |
3036 |
1466 |
48,28% |
|
PRINCIPADO DE ASTURIAS |
418 |
5 |
1,19% |
|
REGIÓN DE MURCIA |
5147 |
1850 |
35,94% |
|
TOTAL |
220978 |
75943 |
34,00% |
Fonte: Mapama
Galego










Control OJD