A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“En Delagro estamos preparados para abastecer ao sector agrogandeiro e sairemos desta con máis forza e sabedoría”

Entrevista a Carlos Castro, director xeral de Delagro

O sector agrogandero volveu ser precibido pola sociedade como un sector estratéxico por mor da crise provocada polo coronavirus. Soberanía alimentaria, valorar o traballo de agricultores e gandeiros, protexer a superficie agraria útil doutros usos están agora no debate público. E se é colaborando de forma cooperativa mellor.

Carlos Castro é director xeneral de Delagro, unha das grandes cooperativas agrogandeiras de España que asegura a subministración alimentaria ao mercado español nestes momentos de incerteza. Delagro é unha cooperativa de segundo grao que agrupa a 23 cooperativas socias de Galicia, Asturias e Cantabria e a máis de 26.000 socios e socias. Nun mercado moito máis inestable por mor da crise do Covid-19 Delagro logrou anticiparse e asegura a subministración de fertilizantes, zoosanitarios ou cereais para a fabricación de pensos para miles de explotacións socias de vacún, que suman máis de 300.000 animais.

Que accións está a levar a cabo Delagro para garantir a subministración de insumos ás cooperativas agrogandeiras?
Fomos previsores e estamos aprovisionados de subministracións (cereais, fertilizantes, fitosanitarios…etc) para coidar e alimentar ao gando e realizar os cultivos, como millo, herba..etc para asegurar a produción de forraxes nas propias granxas por se o tráfico internacional de materias primas se vise afectado nalgún momento.

E todo iso é posible grazas a un equipo de gran valor profesional e humano que mantén o pulso nesta situación adversa. Tamén é de destacar que logramos manter e mesmo aumentar a nosa actividade grazas ás novas tecnoloxías da nosa aplicación informática DELAGROS. Por iso, é xusto agradecer ao noso equipo de operacións e novas tecnoloxías, polo seu traballo exemplar e cuxa valentía é inigualable. Grazas a eles en DELAGRO habilitamos o teletraballo para un amplo equipo de traballadores en tempo récord e cun funcionamento exemplar.

E todo isto tendo en conta as dificultades que derivan desta complexa situación provocada polo Covid-19 e tendo en todo momento como prioridades garantir a subministración de alimentos para o gando, fertilizantes e zoosanitarios e fitosanitarios, pero tamén a saúde do noso cadro de persoal, dos transportistas que traballan connosco e a conciliación familiar para atender aos nosos fillos e persoas maiores.

Por último, reiterar que servimos directamente na explotación, para evitar desprazamentos e axudar así a frear a propagación do coronavirus.

O decreto de estado de alarma permite a apertura de supermercados, ferraxarías e tendas agrarias. As tendas de MERCARURAL son un todo nun do anterior. Como se está desarrollando a súa actividade?
As tendas e almacéns das cooperativas socias son unha ferramenta comprometida coas persoas e co medio rural e nestes momentos están a traballar a pleno rendemento. E é que nun só centro de subministración, como os establecementos Mercarural, calquera usuario pode facer a compra de víveres, medicamentos para os animais, produtos de primeira necesidade de ferraxaría, combustibles… etc.

Algo máis que queiras engadir?
Insistir na necesidade de quedar en casa e que en Delagro e nas cooperativas socias realizamos a repartición nas propias explotacións agrogandeiras tanto dos nosos socios como de terceiros.

Por último, dicirlles a agricultores e gandeiros que é necesario adiantarse ás necesidades agronómicas, máxime nunha situación excepcional como esta, e non esperar ao último momento para realizar as compras de abonos, fitosanitarios…etc. Sairemos desta con máis forza e sabedoría.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información