Este ano, a oferta de ciclos formativos agrarios (FP), que se pode cursar en centros das catro provincias, inclúe un total de 9 alternativas. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 8 de xullo ás 13 horas. Para incentivar a inscripción nos ciclos de agraria, o IES de Arzúa, que imparte tres ciclos (Xestión Forestal e do Medio Natural, Agroxardinería, Aproveitamento e Conservación do Medio Natural), está a divulgar experiencias de antigos alunos na súa canle de Youtube.
Recollemos embaixo algúns dos vídeos nos que antigos estudantes dos ciclos formativos de agraria contan as súas experiencias. Todos eles divúlganse co lema ‘En Agraria hai futuro’.
Máis información