A empresa galega Embriovet recibiu este mércores o premio Pyme Joven 2016, convocados polo Banco Pastor e La Voz de Galicia, para recoñecer o talento dos emprendedores da comunidade,
Daniel Martínez, cofundador de Embriovet xunto con Puri López Ramil, e aos que se uniu Javier Sabín Vilar, destacou que “o premio é un estímulo para nós e debemos agradecerllo aos nosos clientes, porque o noso traballo é agregar valor aos negocios dos nosos clientes e medramos canda eles”.
Ademais, no seu discurso de recollida do galardón á mellor Pyme Joven 2016 de Galicia, Daniel Martínez Belo reclamou á clase política “que considere moi en serio a reconversión do sector primario e que o trate como un sector estratéxico, porque é o que alimenta á humanidade, e o diñeiro non se come”.
Neste sentido, o responsable de Embriovet pediu tamén á banca “que aposte polo sector primario, que en Galicia ten calidade, e á prensa que faga un esforzo por transmitir á sociedade unha imaxe actual da gandería, moderna e profesional”.