A empresa galega Embriomarket inicia unha promoción especial de embrións alto valor xenético. A firma pon á venda varios lotes de embrións de raza Holstein, con orixe Semex, biopsiados 100% femia.
Todos eles están estados genómicamente con fiabilidade do 90% para GTPI e GLPI e dispoñen de información de haplotipos,K-caseína e B-globulina ( A2A2).
Ponse á venda 2 tipos de lotes:
Grupo Elite: Lotes de 10 embrións cun índice medio mínimo de 2825 GTPI e 965 GNM. Prezo medio por embrión 650 euros. Compra de lote enteiro.
Grupo Xenético: Lotes de 25 embrións, con índice medio mínimo 2736 GTPI e 890 GNM. Prezo por embrión 370 euros. Compra de lote enteiro.
Estes embrións teñen como pais touros do programa Fast Start.
Como vantaxe adicional de compra a través de Embriomarket está a posibilidade de compartir lote entre varios gandeiros.