A multinacional belga Impextraco empezou a comercializar en España Elitox®, un novo produto que elimina as micotoxinas do gando. A través das forraxes, como silo de herba ou silo de millo, e do penso, os animais adsorben micotoxinas, toxinas producidas por fungos que prexudican notablemente a saúde animal (problemas de reprodución, metabólicos, de crecemento…etc) e por tanto a rendibilidade das gandarías.
Neste sentido, Elitox®, un novo produto importado en exclusiva para España por ANIMALVIT ( pablocarro@animalvit.com ou no teléfono 647 599 782) une diferentes estratexias para contrarrestar unha ampla gama de micotoxinas e previr os síntomas asociados coa micotoxicose.
Os ingredientes deste produto combinan efectos antioxidantes de alta calidade, actividade antibacteriana e antifúnxica , eliminadores de micotoxinas, rexeneración de feridas, efecto inmunopotenciador e supresión da inflamación que salvagardan a seguridade alimentaria e potencian a rendibilidade.
As claves de Elitox®:
– Elitox® combina nun só produto estratexias diferentes para eliminar o número máximo de micotoxinas.
– Elitox® está activo no intestino do animal, onde as toxinas crean un perigo.
– Elitox® proporciona ao animal un extra estabilizado de Vitamina C para previr os síntomas asociados coa toxicidade das micotoxinas.
-Elitox® salvagarda o rendemento animal durante a micotoxicose e garante resultados técnicos e financeiros óptimos.
-Elitox® deséñase, fabrícase e está autorizado na Unión Europea.
Vantaxes:
-Une diferentes estratexias para contrarrestar unha ampla gama de micotoxinas:
Eliminación (absorción + desintoxicación)
Apoia o sistema inmunológico do animal
-Desenvolvido en base a datos in vivo.
-Salvagarda o rendemento do animal durante a micotoxicose e garante resultados técnicos e financeiros óptimos:
Redución das perdas económicas debidas a infeccións bacterianas secundarias.
Evitar perdas de enerxía por inflamación.
-Activo no intestino onde as micotoxinas supoñen o maior desafío
Eficaz para todas as producións gandeiras:
Elitox® preséntase en embalaxes multicapa (25 kg netos) ou en embalaxe bigbag (1000 kg neto.)