Dous novos casos de dermatose nodular elevan a cinco as granxas afectadas en Girona

O proceso de vacinación iniciouse este xoves nas granxas ubicadas a menos de 5 kilómetros dos focos. Continuará desde o radio de 20 km. cara adentro para crear un efecto barreira

Dous novos casos de dermatose nodular elevan a cinco as granxas afectadas en Girona

Proceso de vacinación nunha gandería catalana.

O Departamento de Agricultura da Generalitat informou hoxe de dous novos casos de dermatose nodular contaxiosa en dúas ganderías de 8 e 25 cabezas respectivamente. Con estes casos, son xa cinco as ganderías afectadas, desde que o venres da pasada semana se detectara o primeiro caso.

Para conter o brote, as medidas iniciais consistiron no baleirado sanitario das explotacións con positivos e na inmobilización das ganderías ubicadas na zona de contención, no radio de 50 km. ó redor do primeiro foco. Dado que os cinco casos declarados ata o de agora se produciron dentro desa zona de contención, o deseño da mesma non se modificou.

Vacinas
En segundo lugar, desde onte xoves, o Govern iniciou a vacinación de tódalas ganderías ubicadas na zona de contención. Co primeiro lote de vacinas, chegadas de Francia, comezouse a vacinar as granxas ubicadas a entre 3 e 5 km. dun foco.

O seguinte paso consistirá en seguir a vacinación a partir dun radio de 20 km. cara adentro, co obxectivo de crear un efecto barreira.

Evitar contaxios
A enfermidade transmítese principalmente por mosquitos, moscas, tábanos e carrachas que estiveran en contacto cun animal infectado. Calcúlase que os mosquitos teñen potencial para transmitir a enfermidade nun máximo de 5 – 6 días e que a súa capacidade de dispersión natural ronda 1 km. por día.

Unha das prioridades sitúase por tanto en evitar saltos da enfermidade a outras zonas a través de vehículos que poidan levar mosquitos infectados a outras zonas. Por iso, en todas as explotacións afectadas estase a proceder non só á desinfección das instalacións senón tamén dos vehículos.

A Generalitat prohibiu ademais o acceso de persoas e vehículos ás zonas afectados sen unha autorización, tanto por motivos de bioseguridade como para evitar interferir no traballo do equipo de arredor de 40 persoas que traballa na vacinación.

Vacinación permitida só na zona de contención
O primeiro lote de vacinas estase a esgotar xa, pero a Generalitat conta con que o seguinte lote chegue a inicios da próxima semana. Ante as consultas que lle chegan de ganderías de toda Cataluña, o Departamento de Agricultura insiste en que, por normativa comunitaria, só se poden vacinar as granxas da zona de contención (50 km. arredor do foco). O resto das granxas, en principio non se vacinarán, salvo que aparezan brotes adicionais fóra da actual zona de contención.

Dentro da zona de contención, a vacinación é obrigatoria e a Generalitat corre cos seus custos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información