O Centro de Promoción Rural Efa Fonteboa organiza proximamente un Curso Oficial de Poda de froiteiras. O curso ten 40 horas de duración ofrecerá os seguintes contidos:
-Morfoloxía das árbores froiteiras.
-Formacións vexetativas e frutíferas.
-Técnicas de Poda.
-Aclareo e aplicación de produtos fitohormonais.
-Enxertos.
-Ferramentas de poda.
-Prácticas.
Para poderse inscribir no curso é necesario ser traballador do sector agrario, forestal ou xardineira e ademais cumprir algún dos seguintes requisitos:
– Traballador a tempo parcial ou con contrato temporal.
– Traballador de baixa cualificación (só con estudos básicos).
– Maior de 45 anos.
– Muller
– Persoas con discapacidade.
As persoas interesadas poden contactar directamente no teléfono 680 622 929 (José Manuel Campos).