“Eduardo Peña”, da DO. Ribeiro, elixido Mellor Viño Branco de Galicia , e “Prómine”, da DO. Ribeira Sacra, mellor tinto

Os premios das Catas de Galicia entregáronse onte nunha gala en Santiago de Compostela

Publicidade
O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asiste ao acto de entrega dos premios da XXXVII Cata de viños de Galicia, XXVII Cata das augardentes e XIV Cata dos licores tradicionais 2025. Hotel Monumento San Francisco (Santiago de Compostela), 05/11/25.

Durante a entrega de premios das Catas de Galicia 2025, o viño branco “Eduardo Peña”, da adega Eduardo Rodríguez e Luz Cánovas, situada en Castrelo de Miño, recibiu o máximo galardón, o Acio de Ouro que o sitúa como mellor viño branco de toda Galicia.

Na categoría de viños tintos, o Acio de Ouro correspondeu a “Prómine”, de Adegas Petrón SL, na DO. Ribeira Sacra.

XXXVII Catas dos Viños 2025

Ao certame, organizado por AGACAL – Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, en colaboración cos consellos reguladores galegos, presentáronse un total de 445 referencias de viño (310 de branco e 135 de tinto) de 165 adegas diferentes, que foron catadas a cegas por un panel de cata formado por profesionais do sector.

O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asiste ao acto de entrega dos premios da XXXVII Cata de viños de Galicia, XXVII Cata das augardentes e XIV Cata dos licores tradicionais 2025. Hotel Monumento San Francisco (Santiago de Compostela), 05/11/25.

O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asiste ao acto de entrega dos premios da XXXVII Cata de viños de Galicia, XXVII Cata das augardentes e XIV Cata dos licores tradicionais 2025. Hotel Monumento San Francisco (Santiago de Compostela), 05/11/25.

CATAS DE GALICIA VINHOS 25 1 CATAS DE GALICIA VINHOS 25 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información