“Ecolóxico e local han de ir da man se queremos consumir con responsabilidade”

Do 6 ao 8 de marzo, ExpoCoruña acollerá BioCultura & Ecoturismo A Coruña 2026, a gran cita que une alimentación ecolóxica e turismo responsable. Conversamos con Montse Escutia, nomeada recentemente directora de BioCultura, que se consolida como o escaparate dun sector en crecemento en Galicia, comunidade líder en produción "bio".

Publicidade

montse escutia biocultura vida sanaConversamos con Montse Escutia, nomeada recentemente directora da feira BioCultura, que se consolida como o escaparate dun sector en crecemento en Galicia, comunidade líder en produción “bio”. Co apoio das institucións galegas, o evento busca impulsar o consumo interno e ofrecer unha alternativa real de consumo e viaxe comprometidos co futuro do territorio.

Desde outubro de 2025, Montse Escutia é a nova directora de BioCultura e presidenta da Asociación Vida Sana, un referente na promoción da produción ecolóxica e o consumo responsable en España. Cunha longa traxectoria vinculada á feira como colaboradora estreita da súa antecesora, Anxos Parra, Escutia asume agora o reto de liderar unha nova etapa nun momento clave para o sector, marcado pola necesidade de consolidar o mercado interno e facer fronte ao greenwashing.

Con ela abordamos os eixos que marcarán a edición de BioCultura & Ecoturismo A Coruña 2026, que se celebrará do 6 ao 8 de marzo en EXPOCoruña. A feira, que conta co respaldo institucional da Xunta, as catro deputacións galegas e o Concello da Coruña, entre outros, combinará a promoción do alimento ecolóxico e local -nunha comunidade líder en produción acuícola e gandeira, especialmente de produtos lácteos- co impulso ao ecoturismo como fórmula de viaxe respectuosa co territorio. Falamos con ela do consumo bio en España, aínda por baixo da media europea, do potencial galego como destino ecoturístico e do apoio institucional necesario para seguir crecendo.

– Que destacarías de BioCultura & Ecoturismo A Coruña 2026?
– Este ano estamos a potenciar as actividades destinadas a profesionais do sector ecoturístico. Entre as actividades previstas celebrarase unha Fam Trip á que xa confirmaron a súa participación numerosos operadores de turismo nacionais e internacionais. Ademais, na feira haberá un espazo Workshop cunha axenda de máis de 60 entrevistas xa concertadas con antelación. Para nós é moi importante que os operadores coñezan que é o ecoturismo e que ofertas ofrece Galicia, especialmente a relación entre turismo sustentable e a produción de alimentos ecolóxicos que é o outro obxectivo desta feira.

– Como valoras a colaboración coas institucións galegas para facer posible este evento tan relevante para o sector bio en España?
– O apoio decidido dun gran número de institucións públicas galegas foi clave para que a feira púidose consolidar. Contamos sempre coa colaboración de Xunta Galicia, AGACAL-CRAEGA, Consorcio de Turismo da Coruña, Clúster de Turismo de Galicia, e a presenza das Deputacións de Coruña, Lugo e Ourense. Isto demostra o papel de BioCultura como espazo de encontro e fomento do ecoturismo, a alimentación ecolóxica e o consumo responsable.

Temos moito camiño por percorrer para favorecer que eses produtos de gran calidade, e sen residuos de pesticidas, queden no mercado interno.

– Trátase da feira decana da produción agroecológica en España. Que che parece máis relevante da evolución da produción e do consumo de produtos ecolóxicos en España e en Galicia nos últimos anos?
– A superficie destinada ao cultivo ecolóxico segue crecendo. Actualmente xa é un 12% da superficie agraria útil. Somos un país produtor, o principal de Europa, pero pouco consumidor. Cunha media de gasto de 65€ por persoa e ano estamos moi afastados doutros países da nosa contorna. En países como Francia, Alemaña ou Dinamarca esta cifra supera os 200€. Temos moito camiño por percorrer para favorecer que eses produtos de gran calidade, e sen residuos de pesticidas, queden no mercado interno.

Galicia é unha das comunidades con maior consumo e sitúase nos 86€, e experimentou un gran crecemento nos últimos anos. Respecto da produción destaca a acuicultura e a gandaría. Galicia concentra máis do 90% das actividades de produción acuícola ecolóxica de España. E eu diría que unha gran parte do leite ecolóxico que se consome no noso país produciuna unha vaca galega. A produción avícola, tanto ovos como pitos, é das maiores do noso país.

Esta é a mensaxe que debemos dar: ecolóxico e local han de ir da man se queremos consumir con responsabilidade.

– Preocupa en como pode afectar o acordo UE-Mercosur ao sector produtor ecolóxico de España?
– O Mercosur só beneficia ás grandes multinacionais; non é un acordo bo para ningún produtor pequeno que vende localmente, nin aquí nin nos países do Sur. Existe a preocupación de que se permita a entrada de alimentos ecolóxicos con estándares ambientais menores e que compitan cos producidos aquí. Por sorte o consumidor ecolóxico tamén adoita ser moi consciente da importancia que os alimentos tamén sexan de produción local. Esta é a mensaxe que debemos dar: ecolóxico e local han de ir da man se queremos consumir con responsabilidade.

– Facedes especial fincapé no ecoturismo. Por que? Como repercute no impulso á agricultura ecolóxica?
– Porque cremos que ecoturismo e produción ecolóxica van da man. En Galicia, como en todo o país, o turismo ten un gran peso como motor económico do territorio. As zonas rurais teñen unha oportunidade de mostrar as súas paisaxes e os seus recursos naturais. Pero un sistema de produción que contamine e que destrúa a biodiversidade non é compatible con preservar eses encantos do noso territorio. Sen esquecer o valor engadido que os alimentos ecolóxicos, moitas veces asociados ao uso de variedades e razas autóctonas, proporcionan á gastronomía local.

A solución global non é deixar de usar pesticidas só en Europa: temos que evitalos a nivel mundial. Por unha banda, por solidariedade e xustiza social e, por outro, porque o que pasa na outra parte do mundo tamén nos repercute a nós.

– España é un gran produtor europeo de produtos ecolóxicos, en boa medida para a exportación. Un produto local e de tempada cultivado en convencional é máis sustentable que uno ecolóxico que “viaxa” moito?
– Ese é un gran debate e que moitas veces xera confusión. Aínda que depende de moitos factores, en xeral, o maior impacto ambiental e climático da alimentación non é o transporte de alimentos. Por moi local e de tempada que sexa un produto, se para producilo contaminouse, erosionouse, destruíuse biodiversidade, etc., a súa pegada ambiental é grande. Sen esquecer os problemas de saúde asociados á presenza de residuos de pesticidas neses alimentos locais. Ao revés, un produto ecolóxico cultivado a miles de quilómetros o único impacto que ten é ese transporte. Porque na zona onde se produciu evitou a contaminación e a perda de biodiversidade, algo que a longo prazo nos beneficiará porque a contaminación viaxa miles de quilómetros. A solución global non é deixar de usar pesticidas só en Europa: temos que evitalos a nivel mundial. Por unha banda, por solidariedade e xustiza social e, por outro, porque o que pasa na outra parte do mundo tamén nos repercute a nós. Pero o ideal é sempre ecolóxico e local.

– Cales consideras que serían as claves para potenciar o consumo destes alimentos en España?
– Segundo todos os estudos o principal freo é o prezo. Aínda que a diferenza respecto dos alimentos convencionais ha diminuído estes últimos anos coa gran inflación sufrida polos produtos alimentarios. O mercado ecolóxico é máis estable. Por iso desde o sector pedimos que se aplique un IVE superreducido aos alimentos ecolóxicos xa que a súa contribución ao ben común é notable. Por unha banda, a súa produción non contamina e, por outro, son mellores para a saúde das persoas.

Temos que seguir informando e por iso feiras como BioCultura seguen sendo tan necesarias.

Outro aspecto importante é a información. Hoxe en día as persoas consumidoras atopan nos produtos numerosas etiquetas ambientais. Algunhas están baleiras de contido, son greenwashing, e outras, como nos alimentos ecolóxicos, hai detrás un regulamento europeo e todo un sistema de control, e certificación que o apoia. Pero para unha persoa que non está ben informada é o mesmo e elixe o máis barato. O sector ecolóxico ten dificultades para competir nun mercado con tanta información falsa ou pouco rigorosa. Temos que seguir informando e por iso feiras como BioCultura seguen sendo tan necesarias.

– Que lles dirías aos nosos lectores para animalos a visitar BioCultura A Coruña?
– Que BioCultura é unha feira moi distinta ás feiras que coñecen. Que non só son estands con produtos, senón moitas actividades paralelas onde seguro que atopan algo que lles interesa: demostracións de cociña, talleres de cosmética, actividades infantís, charlas, etc. Na feira van poder coñecer moitas opcións para que o seu consumo sexa máis sustentable e a produtores ecolóxicos que lle van a explicar de primeira man como fan as cousas e por que vale a pena consumir os seus produtos.

Se actuamos de maneira conxunta, podemos xerar un gran impacto na economía global. E provocar o cambio.

– Algo máis que queiras engadir?
– Animar ás persoas a crer que, por difícil que pareza, sempre podemos facer algo para que o noso mundo sexa mellor. Son tempos difíciles e é fácil caer no desánimo. Pero somos moitas as persoas que estamos a traballar e pensado que podemos facer para cambiar as cousas. O cambio de modelo está nas nosas mans. Se actuamos de maneira conxunta, podemos xerar un gran impacto na economía global. E provocar o cambio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información