EcoComedores, un novo proxecto para impulsar o consumo de produtos locais de Galicia nos comedores escolares

Da cooperación entre once GDR, Gadisa e a Axencia Galega de Servizos Sociais nace esta programa coa finalide de facilitar a comercialización de produtos locais e ecolóxicos nos comedores escolares de cada territorio

EcoComedores, un novo proxecto para impulsar o consumo de produtos locais de Galicia nos comedores escolares

Comedor escolar. Foto: Arquivo

O próximo mes de febreiro comeza o programa EcoComedores, un proxecto que se pon en marcha da man de 11 Grupos de Desenvolvemento Rural, Gadisa e a Axencia Galega de Servizos Sociais e que se presentará nas próximas semanas.

Desta forma, os grupos de desenvolvemento rural buscan impulsar a incorporación de centros educativos nesta rede de EcoComedores coa finalidade de introducir nos seus menús os produtos locais, ecolóxicos e de tempada dos produtores locais de cada territorio.

Así, durante o tempo que dura o proxecto, porase á disposición da comunidade escolar durante o curso 2022-2023 un equipo de nutrición para revisar os menús de cada centro participante, para poder analizar as necesidades e cambios que sería necesario aplicar para elaborar menús saudables, con produto local, sen que supoña un incremento económico da partida alimentaria.

Ademáis de crear espazos de colaboración e comercialización para pequenos produtores, con este proxecto tamén se promocionarán os productos locais, fomentando o consumo en circuitos curtos diminuindo a pegada ecolóxica da alimentación, ao tempo que se dinamizará a economía local, fortalecendo a capacidade de producción de pequenos produtores, xeralmente novos emprendedores.

Participantes

Os Grupos de Desenvolvemeto Rural que participan no proxecto son a asociación Mariñas-Betanzos, asociación Seitura22, asociación Ulla-Tambre-Mandeo, asociación Terras de Miranda, asociación Terra Chá, asociación Comarcas de Lugo, asociación Montes e Vales Orientais, asociación Limia Arnoia, asociación Miño-Ulla, asociación Condado-Paradanta, e a asociación Galicia Suroeste Eu-Rural.

A cooperación entre Grupos de Desenvolvemento Rural demostrou ser unha canle moi efectiva para o intercambio e transferencia de experiencias ao mesmo xeito que permite poñer en marcha actividades colaborativas de éxito en determinados territorios. Desta maneira, búscase dar resposta a problemáticas comúns e fomentar a transferencia de coñecemento e innovación dando un valor engadido aos comedores escolares e aos pequenos produtores locais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información