“É un orgullo gañar o galego, despois de anos sen conquistar un podio”

Pozosaa Krusader 9450 Xela, da gandería Casa Pozo, foi a vaca que venceu no autonómico de 2025, celebrado durante GandAgro

“É un orgullo gañar o galego, despois de anos sen conquistar un podio”

Marcelino Fernández posa coa súa vaca gran campiona de Galicia 2025, Pozosaa Krusader 9450 Xela

Marcelino Fernández mostra a súa felicidade por volver conquistar o pódio nun campionato galego. Co exemplar Pozosaa Krusader 9450 Xela, este gandeiro de Casa Pozo (Lugo) conseguiu o título de vaca gran campioa de Galicia 2025.

Tras varios anos sen gañar ningún campionato, para esta ocasión trouxo dous animais e leva dous galardóns. “A maiores desta vaca, participei cunha xata que foi nomeada segunda da súa sección. Voume moi contento”, afirma. Con tan só dous animais, Marcelino fixo pleno en premios, pero destaca a vaca gran campioa polo número de partos, a súa idade e o equilibrio que ofrece.

A pesar de que sempre tivo un grande interese polos concursos, describe non facer ningún coidado especial aos seus animais para participar nestes eventos. “Uns días antes dos concursos ímolos preparando para que luzan na pista, pero xa son animais bos”, indica. Engade que de normal non participa en moitas probas e, cando o fai, sempre é con poucos animais.

Este gandeiro móstrase contento de poder seguir participando nestes certames, “nos que sinto moi ben porque hai un grande ambiente entre todos. Eu sempre lles pido axuda para traer os meus animais e nunca tiven un “non” por resposta”, destaca. Aínda así, xa conta co apoio dun dos seus netos para continuar recollendo premios en Galicia e fóra dela.

Agora, os próximos pasos son participar na Moexmu, “onde xa estamos con todo en marcha porque está a caer”, pero logo non se fixa un obxectivo “porque teño que ver como van os meus animais”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información