Dúas vacas acadan un prezo récord en Silleda: 5.527€ cada unha

Dúas vacas acadan un prezo récord en Silleda:  5.527€ cada unha

Os dous exemplares que acadaron o prezo récord en vacas

Dúas vacas de raza Rubia Galega acadaron este martes na Central Agropecuaria de Galicia -Abanca o prezo máis alto ata agora neste mercado: 5.527 euros cada unha. O anterior rédord no mercado de Silleda foron os 5.418€ pagados por unha vaca o 22 de xuño deste ano.

Trátase de dúas vacas propiedade dun operador comercial de Maside (Ourense) e adquiridas as dúas polo matadoiro portugués Serragados polo mesmo prezo, 5.527€ cada unha.  A data de nacemento dunha delas sitúase no ano 2009 e da outra no 2011. Por  riba desta cantidade soamente se sitúan os prezos pagados por outros cinco exemplares, todos bois, os cales acadaron 6.782€, 6.006€, 6001€, 5.932€ e 5.616€.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información