Dúas novas parcelarias reorganizarán case 1000 hectáreas en Becerreá e Castroverde

O proceso de Riomol, en Castroverde, prevé reestruturar 494 hectáreas de superficie divididas en 1.192 parcelas, propiedade de 143 veciños. A parcelaria de Guilfrei, en Becerreá, prevé reorganizar 441 hectáreas de superficie divididas en 1.871 parcelas, mellorando a estrutura territorial da zona e beneficiando 142 propietarios

Dúas novas parcelarias reorganizarán case 1000 hectáreas en Becerreá e Castroverde

Reunión cos veciños de Becerreá

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo hoxe dous encontros informativos con veciños beneficiados polas novas concentracións parcelaria decretadas nos concellos lugueses de Castroverde e Becerreá, co fin de informalos sobre as particularidades de cada un dos procesos, e mediante os cales a Xunta prevé reorganizar unha superficie de case 1.000 hectáreas.

Así, a primeira das reunións foi cos beneficiarios da parcelaria de Riomol, no concello de Castroverde. Este proceso prevé reorganizar unha superficie de 494 hectáreas, dividida en 1.192 parcelarias propiedade de 143 veciños. Neste proceso, a Consellería do Medio Rural ten previsto investir preto de 1,5 millóns de euros.

Seguidamente, a directora xeral trasladouse ao concello de Becerreá para abordar cos veciños de Guilfrei as características deste novo proceso, que prevé reestruturar unha superficie de 441 hectáreas divididas en 1.871 parcelas, propiedade de 142 veciños. Neste caso, o orzamento previsto pola Consellería ascende a algo máis de 1,3 millóns de euros.

Ao igual que o resto de parcelarias decretadas nos últimos anos, estes procesos decláranse mediante a Lei de mellora de estrutura territorial de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir os seus custos de produción. Desta forma, en Castroverde veranse beneficiadas 22 explotacións e en Becerreá 31 granxas agropecuarias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información