Dúas empresas galegas, OPTIMUU e Cowsulting, seleccionadas polo Ministerio de Agricultura para o programa de aceleración Agrifood Tech

As empresas lucenses participarán nun programa de incubación e aceleración na Vega Innova

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación seleccionou a 15 empresas emerxentes, dúas delas galegas, para participar na segunda edición do Programa de Incubación e Aceleración AgriFoodTech no centro de innovación dixital La Vega Innova.

Optimuu e Cowsulting, startups de Lugo, participan neste programa que busca impulsar a competitividade do sector agroalimentario mediante a implementación de solucións dixitais innovadoras, deseñadas especificamente para atender as particularidades do sector.

Durante nove meses, as empresas recibirán formación, mentoría de expertos e acceso a recursos tecnolóxicos avanzados para impulsar os seus proxectos AgriFoodTech. Poderán probar as súas solucións e participar en proxectos piloto co MAPA para validar e aplicar as súas tecnoloxías en escenarios prácticos.

As empresas galegas

Optimuu ofrece unha solución dixital que permite a visualización e o control de datos recompilados por robots e sensores, permitindo a automatización de procesos nas explotacións de vacún de leite.

Cowsulting integra o ecosistema de información en granxas de vacún, optimizando a viabilidade económica e a sustentabilidade e minimiza o uso de antibióticos.

Beneficios do programa

O programa da incubadora ofrece ás empresas seleccionadas diversas vantaxes orientadas a favorecer o seu crecemento, como unha análise inicial, definición de obxectivos e un seguimento mensual da súa evolución, actividades de capacitación e acompañamento, probas piloto e retos para validar os seus produtos e servizos nunha contorna real.

Ademais, contarán con apoio para mellorar a súa visibilidade en medios e redes sociais, participarán en eventos de emprendemento e establecerán conexións con equipos de innovación e o sector agropecuario. Tamén poderán acceder á rede global de Telefónica Open Future e terán prioridade para as formacións, servizos e retos tecnolóxicos de la Vega Innova.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información