Dúas adegas de Valdeorras e outra de Ribeira Sacra, as primeiras en vendimiar en Galicia

Publicidade
Dúas adegas de Valdeorras e outra de Ribeira Sacra, as primeiras en vendimiar en Galicia

Viñedos da SAT Santa Marta en Valdeorras

Primeiro día da vendima en Galicia. O pistoletazo de saída para unha camaña que se prevé moi boa tanto en cantidade como en calidade dérono hoxe dúas adegas da Denominación de Orixe Valdeorras, Santa Marta SAT e María Teresa Núñez Vega, e outra da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, Adega Damm, que xa comezou onte a vendimar.

“Malia os fenómenos meteorolóxicos adversos que afectaron a parte da colleita hai algunhas semanas, esperamos unha campaña moi boa”, asegura o presidente do Consello Regulador da DO Valdeorras, José Luís García Pando, quen afirma que a produción podería superar “os seis millóns de quilos reocgidos, moi por riba dos 4,7 millóns do ano pasado”.

Paulatinamente, e ao longo das próximas semanas, íranse incorporando ás tarefas de vendima outras adegas do territorio amparado. Mañá farao Rafael Palacios S.L. e o luns chega a quenda de Godeval S.L. Desde o Consello Regulador calcúlase que a campaña durará, aproximadamente, unhas seis semanas.

A Ribeira Sacra comeza a súa vendima en Amandi

En Ribeira Sacra as previsións tamén son optimistas: desde o Consello Regulador apúntase a unha produción de sete millóns de quilos de uva, por riba dos 6,1 recollidos o pasado ano.

A adega máis madrugadora é Adega Damm S. L., pertencente á zona de Amandi, e que iniciou este mércores a campaña de vendima.

A maior parte das adegas en Galicia comezarán a vendima a partir da primeira semana de setembro, concentrándose o traballo a mediados do mes. O sol diúrno e a baixada das temperaturas durante a noite deberían facer o seu traballo para lograr unha uva madura e cun bo equilibrio entre alcol e acidez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información