Xa se coñecen os resltados da edicion número 40 do International Wine Challenge, que se celebrou en Londres e que está considerado un dos máis influentes a nivel internacional.
No certame participaron viños de 38 países e entre eles destacan dous viños galegos que se alzaron coas puntuacións máis altas:
-Bodegas Pazo de Villarei, pola súa “bela expresión de Albariño”, Villarei 2023, que tamén gañou o Trofeo Rías Baixas, que recibiu o primeiro posto dos 116 viños brancos españois que recibiron medallas.
-Adega e Viñedos Pazo de Casanova, polo seu Finca Viñoa Embotellado Tardío 2021, que gañou o Trofeo Ribeiro Branco, entregado por primeira vez en cinco anos.
De feito, estes dous viños colocáronse entre os 9 españois con maior puntuación do International Wine Challenge.