Dous cursos en Lugo sobre os aspectos básicos de manexo da oficina virtual de gandaría

A formación tratará temas como a xestión da Oficina Virtual de Gandaría dende o móbil, manexo da chave 365, xestión do libro electrónico da explotación ou as altas e baixas do gando

Publicidade
Dous cursos en Lugo sobre os aspectos básicos de manexo da oficina virtual de gandaría
Data inicio: 16/11/2021
Data fin: 17/11/2021
Lugar: Xunta da Galiza. Delegación Territorial de Lugo, Ronda da Muralla, Lugo, España

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, celebrará en Lugo dous cursos sobre os aspectos básicos de manexo da Oficina Virtual de Gandaría e da sede electrónica da Xunta. Celebraranse os días 16 e 17 de novembro no edificio administrativo da Xunta de Galicia en horario de tarde de 15:30 a 20:30 horas.

O obxectivo destas accións formativas é ofrecer uns coñecementos básicos do funcionamento e manexo desta oficina virtual, centrándose na aprendizaxe da xestión de trámites habituais e necesarios no sector gandeiro.

Abordaranse aspectos como solicitar guías por internet, levar o libro electrónico da explotación, dar altas e baixas de animais, solicitar duplicados de crotais ou do documento de identificación bovina, autorizar un remolque ou ter ATES, un sistema de codificación unificado para o rexistro de transportistas de animais vivos.

Tamén se tratará o pagamento de taxas dende o ordenador, a descarga da carta de saneamento e outros documentos de interese para os gandeiros. Así mesmo, no programa destaca a parte práctica posto que se destinará a maior carga lectiva ao manexo práctico da Oficina Virtual de Gandaría e da Sede electrónica.

Para máis información, as persoas interesadas poden consultar a páxina web da Oficina virtual do medio rural (https://ovmediorural.xunta.gal/es/consultas-publicas/acciones-formativas),  onde poden descargar o formulario de inscrición que deberá ser enviado ao correo oac.svo.lugo@xunta.gal. Poden obter máis información no teléfono 636 978 586.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información