Don Crisanto recibe o premio ao mellor queixo madurado de vaca de España

Isabel García Tejerina entrega os premios aos mellores queixos españois 2015 no marco do Salón Internacional da Alimentación e Bebidas Alimentaria 2016 en Barcelona

Don Crisanto recibe o premio ao mellor queixo madurado de vaca de España

Queixo Don Crisanto

A ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, entregou hoxe, no marco do Salón Internacional da Alimentación e Bebidas Alimentaria 2016, que se celebra  en Barcelona, os premios aos mellores queixos españois de 2015 nas súas distintas categorías, así como o premio “Alimentos de España ao mellor queixo 2015”. Don Crisanto, da SAT vilalbesa do mesmo nome, recibiu o premio ao mellor queixo madurado de vaca de España

Os premios divídense en cinco categorías: Queixos madurados de vaca, de ovella, de cabra, queixos madurados de mestura e queixos madurados con mofos ou queixo azul, ademais do galardón concedido ao Premio Alimentos de España ao Mellor Queixo, ano 2015.

Premio ao mellor queixo para Otatza, de Ordizia (Guipúzkoa)

Nesta edición o  Premio Alimentos de España ao Mellor Queixo ano 2015 recaeu no Queixo Otatza, Quesería Joseba Insausti, de Ordizia (Guipúscoa), que tamén obtivo o premio na modalidade de queixo madurado de ovella.

Queixo madurado de vaca: Queixo Don Crisanto. Queixería Don Crisanto, SAT. De Vilalba (Lugo).

O queixo Don Crisanto presenta a forma característica de bala ou peonza, terminando a parte superior en pico. A codia é afumada e dura, de entre 1 e 3 mm de grosor, cor amarelada-ocre e algo graxenta.

Conta cunha pasta de textura fina, graxa, semidura, semielástica e densa, de cor entre branca e amarela, suave ao corte, con aroma e sabor característico. Pode presentar ollos en número non moi elevado, de forma redondeada ou irregular e de tamaño menor a medio chícharo.

Queixo madurado de ovella: Queixo Otatza, Quesería Joseba Insausti, de Ordizia (Guipúscoa)

O queixo Otatza é de tamaño pequeno ou mediano, dun a tres quilos, cilíndrico, de caras planas e forma regular. A cortiza dura e lisa de cor amarela pálida. As sensacións olfacto-gustativas caracterízanse por un cheiro penetrante que lembra a leite cru e limpo de ovella e a callo natural. O seu sabor é equilibrado e intenso, con débiles notas a picante e ácido.

De resaibo persistente e pronunciado, moi característico do Idiazábal de Pastor. A elaboración tradicional e o aproveitamento dos pastos de alta montaña, fan a este queixo moi especial, coa súa textura cremosa e sabor a flores.

Queixo madurado de cabra: Queixo El Acehucheño, Quesería El Acehucheño, S.L., de Acehuche (Cáceres)

O queixo El Acehucheño é de tamaño aproximado de 800 gramos de formato cilíndrico. A textura é entre semibranda e semidura, de cor amarela pálida con poucos ollos. Aroma intenso, resaibo manteigoso, persistente en padal. O seu sabor intenso termina en boca cun picor lixeiro e agradable.

Queixos madurado de mestura: Queixo La Abadesa, Queserías Entrepinares S.A.U., de Valladolid.

Queixo cilíndrico, peso aproximado de 3kg. Na pasta presenta pequenos ollos mecánicos e cor de amarelo marfil a pallizo. En boca presenta textura firme de certa cremosidade e agradable sensación graxa. Sabor equilibrado, lixeiramente acedo e salgado, intensidade alta de aromas lácticos, recordos do coiro ou froitos secos.

Persistencia media en boca e armónico postgusto. Marida ben con viños brancos e tintos novos e de crianza. Perfecta harmonía xunto a uvas, marmeladas doces, e relado sobre pratos de pasta ou verduras.

Queixo madurado con mofos ou queixo azul: Queso Los Mazos, Quesería Angel Díaz Herrero, de Tielves-Cabrales (Asturias).

Queixo de forma cilíndrica, peso entre 2 e 2,5 quilogramos. Cortiza natural, branda, delgada e untuosa de cor pardo claro. Pasta branda, branca marfil con veteado verde-azulado homoxéneo e sen evidencias de picado. Cheiro limpo e con toques a froitos secos, láctico fermentado, moi penetrante e agradable. Textura moi cremosa e untuosa, sen granulosidade.

Sabor equilibrado e intenso, con picante e sen amargor final. Ten un resaibo persistente e lembra a froitos secos. Recoméndase deixalo a temperatura ambiente 60 minutos antes de consumir. Pódese gozar en salsas, ensaladas e carnes, como entrante ou sobremesa, marida moi ben con froitos secos e mazá. Acompaña ben a viños doces ou tintos con corpo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información