Este domingo, 3 de marzo, celébrase na vila ourensá de Viana do Bolo a Festa da Androlla, na que os visitantes poderán degustar este embutido tradicional no cocido galego desta comarca.
A degustación será ás 14:30 horas no pavillón municipal. As entradas teñen un custo de 17 euros. A comida inclúe consomé, androlla, chourizo, lacón, grelos e patacas. E de sobremesa bica, café e queimada.
A Festa da Androlla coincide co tradicional Domingo Gordo de Entroido en Viana do Bolo, que terá o seu punto central ás 12:00 horas co desfile de Fulións, Boteiros e carrozas polas rúas da vila ata a Praza Maior.
Velaquí o programa: