Doce máquinas destacadas, premiadas en Gandagro-Cimag

Doce máquinas destacadas, premiadas en Gandagro-Cimag

Entrega dun dos premios do certame a Reck Ibérica.

A feira Gandagro-Cimaq, que se celebra ata mañá sábado en Silleda, premiou 12 máquinas polos avances que supoñen en deseño, prestacións e eficacia do traballo. De entre un total de 21 equipos presentados, o xurado, formado por catro expertos do sector, escolleu as seguintes:

Batidor de purín e area

Reck Ibérica presentou un batidor de purín e area que é capaz de mover ata 10.000 metros cúbicos de esterco desde un so punto da balsa, de xeito que evita a sedimentación de sólidos. Ten unha articulación superior hidráulica e dous cilindros hidráulicos para o control da profundidade. (Marca Storth).

Desenroladora de pacas cilíndricas
Cardelle Hidráulica concurría cunha desenroladora de pacas cilíndricas destinadas á alimentación animal (herba seca, palla, alfalfa). O equipo é adaptable a unha pala frontal ou ó enganche tripuntal dun tractor. A carga do rolo realízase cunha forcada que sitúa o rolo no elemento desenrolador da máquina, formado por un transportador con cadeas e púas que descarga a paca sobre o comedeiro. (Marca Emily Pe balas pick&go).

Sementadora neumática con sistema combinado
A máquina, presentada por Durán Maquinaria Agrícola, destaca por incluir tanto a opción dunha sementeira convencional de grans finos de especies herbáceas como a posibilidade dunha sementeira monogran (millo, xirasol, etc.). O equipo caracterízase ademais pola súa precisión na distancia de colocación das sementes. A tolva está dividida para fertilizante e para semente, de xeito que se pode aplicar o abono simultaneamente á sementeira. (Pöttinger, Aerosem 3002 con sistema Pcs).

Rotoempacadora con encintadora integrada
Destaca por posibilitar o atado con plástico na cámara de empacado, sustituindo á malla. Este sistema permite apretar máis a paca e mellorar a súa forma. A máquina é automática por completo e manéxase desde unha pantalla táctil. Foi presentada por Durán Maquinaria Agrícola. (McHale Fusion 3Plus).

Segadora de forraxe con barra de corte de discos
Os concesionarios Claas de Galicia presentaron unha segadora de forraxe que destaca polas insercións endurecidas entre o plato e os discos, un sistema que produce un efecto contracoitela que, xunto co movemento das coitelas, aumenta a sección de corte, producindo un corte limpo e sen fendas. (Segadora Maxcut con disco Contour).

Angazo con 10 brazos rotores
Claas presentou tamén un angazo para a herba seca con 10 brazos rotores que destaca pola modificación do ángulo dos brazos dos rotores, de xeito que abarcan máis amplitude, o que lles proporciona máis calidade de esparcido que a que se consegue cun angazo convencional, aumentando así a perda de humidade da forraxe.

Cargadora telescópica articulada
Fondrigo Maquinaria fíxose cun dos premios por unha cargadora telescópica articulada. A máquina está equipada cun sistema hidráulico que garantiza que todas as operacións se fan coa maior capacidade de dosificación, a baixo réxime do motor e con rapidez. Conta cun eixo traseiro oscilante que proporciona estabilidade e capacidade de tracción. (marca Schäffer 9630T)

Sistema informático para a xestión da alimentación do gando

Deltacinco trouxo á feira un sistema dirixido ó control dos carros de alimentación de gando vacún. O sistema está pensado para grandes explotacións e permite controlar e modificar as racións de xeito online, co que un nutrólogo que estea a distancia pode facer cambios na ración que o técnico que manexa o carro recibe de xeito inmediato nunha Pda. Un sensor bluetooth conectado á bascula de pesada do carro sobe tamén de xeito inmediato toda a información á nube. (marca Bvl)

Cisterna de purín Tridem
Talleres Moga presentou unha cisterna de 20.000 litros de tres eixos con suspensión hidroneumática independente. O interior da cisterna conta cunha bomba de presión con triturador e axitador de area por presión. É un equipo dirixido a grandes gandeirías.

Rotoempacadora de cámara variable New Holland
Tecnor Lalín Maquinaria trouxo á feira unha rotoempacadora de cámara variable, que pode traballar cun diámetro de paca entre 90 centímetros e 1,20 metros, podendo tamén variar a densidade da paca ata nun 5%. O ancho de traballo é de 1,20 metros. Trátase dun equipo preparado para traballar con herba seca e palla, e busca ademais minimizar perdas e crear pacas que sexan fácilmente desenrolables. (Marca: New Holland Roll Belt 150).

Cargadora telescópica Weidemann

Doval maquinaria presentou en Cimag-Gandagro unha cargadora que destaca pola súa maniobrabilidade e capacidade para desplazarse por lugares estreitos, así como pola visibilidade desde a conducción grazas a un brazo telescópico central. A máquina conta cun motor de 117 cabalos. (Weidemann 5080 T).

Encintadora con pretensor de dobre bobina
O sistema destaca polo uso de dous pretensores cónicos que se posicionan para que as bobinas de plástico se superpoñan 2/3, co que as dúas láminas de plástico rematan por conformar unha película única que envolve toda a paca. Esto permite un encintado máis rápido, con aforro de plástico e proporcionando maior estanqueidade á paca. Redúcese o número de voltas precisas e auméntase o pretensado. (Kuhn, modelo e-twin).

Cisterna para purín de tres eixos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información