
Foto: CAPSA
Central Lechera Asturiana (CLAS), propietaria tamén en Galicia de Larsa ou de Quescrem,, anunciou este luns na súa xunta reitora que mantén o prezo base para o litro de leite en 0,445 euros o litro para os seus gandeiros socios de Asturias. Así o confirmou Borja Fernández, coordinador de Unión Renovadora Asturiana (URA), en declaracións ao xorna La Nueva España.
“É unha gran noticia, esperemos que invite a reflexionar ao resto. (…) A Central teno en 44,5 céntimos e así seguirá. É un alivio tendo en conta que aglutinan ao 90% dos gandeiros na rexión”. Fernández tamén está satisfeito coa decisión doutra empresa, Royal, de rebaixar só 2 céntimos finalmente, “algo asumible”.
En todo caso, o representante de URA recoñece que “estamos moi preocupados polo que fagan outras como ILAS, que quere baixar a 40 céntimos. Con esa cantidade hai gandeiros que non poden seguir e dinnos que terán que pechar. Esperamos que o de CLAS teña efecto e invite a reflexionar ao resto”,
En Galicia, onde Central Lechera Asturiana xa se abastece da maioría do leite que transforma, si baixa o prezo do leite por centos de gandeiros que lle fornecen materia prima á súa filial Larsa. En concreto, o contrato que presentou para os próximos 4 meses baixa o prezo base de 0,42 a 0,39 euros o litro, ao que lle habería que engadir as primas por volume e por benestar animal. Desta forma, o mesmo leite vendido por un gandeiro asturiano ou por un galego a CLAS ten un diferencial discriminatorio de 5,5 céntimos por litro.
>Unha vía para igualar prezos entre as dúas comunidades autónomas veciñas sería a entrada como socios dos gandeiros galegos en CLAS, unha vía que a cooperativa asturiana mantén de momento pechada, excepto unhas poucas excepcións de produtores situados no límite con Asturias.
Pola súa banda, desde Central Lechera Asturiana explican que “o prezo de CLAS está indexado ao prezo do mercado español, e cando este cambia o prezo de CLAS tamén cambia. Como o último prezo coñecido é o de xaneiro, non ten habido cambios aínda. Pero o socio gandeiro ten outros ingresos que dependen das empresas do grupo e que complementan a súa renda total”.
Galego









Control OJD