“A dixestibilidade da fibra da forraxe determina a rendibilidade dunha gandaría”

Entrevista a Álvaro García, profesor de Ciencias Leiteiras e dos Alimentos e director de Agricultura e Recursos Naturais da Universidade de Dakota do Sur (EEUU), que participou nas XV Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro

“A dixestibilidade da fibra da forraxe determina a rendibilidade dunha gandaría”

Álvaro García, profesor de Ciencias Leiteiras e dos Alimentos e director de Agricultura e Recursos Naturais da Universidade de Dakota do Sur (EEUU),

“A rendibilidade dunha gandaría vén determinada pola dixestibilidade das forraxes que o gandeiro lle dá ás vacas na ración”. Baixo esta premisa, o profesor Álvaro García, especialista en Ciencias Leiteiras e dos Alimentos e director de Agricultura e Recursos Naturais da Universidade de Dakota do Sur (Estados Unidos), explicou nas últimas xornadas de Seragro as claves para a mellora da rendibilidade das explotacións a través do manexo alimentario.

¿Por que é clave a dixestibilidade das forraxes para mellorar a rendibilidade dunha gandaría de vacún de leite?
Porque é a única parte da alimentación da vaca sobre a que o gandeiro pode ter certo control, a través da procura de forraxes que teñan maior dixestibilidade, e por tanto, que permitan obter máis leite e de maior calidade por quilo de materia seca e menos problemas dixestivos.

Para iso o millo ou o raigrás débense cortar no momento adecuado, para que teñan o máximo de fibra dixerible e de proteína e amidón. A dixestibilidade da fibra determina a rendibilidade dunha gandaría.

Todo iso depende do momento de corte, pero tamén da evolución da planta durante o seu cultivo, en especial se recibiu auga nos momentos adecuados para evitar o estrés hídrico.

“O tamaño óptimo de picado do millo forraxeiro está nos 2 centímetros de longo por partícula”

¿Como inflúe o tamaño das partículas na produción de leite e nas calidades?
No caso do millo forraxeiro, o tamaño óptimo está en ao redor dos 2 centímetros de longo. Porén, todo vai depender de como manexe o produtor os comedeiros, porque se teño un picado e un mesturado óptimo, pero non hai suficiente espazo nos comedeiros para todos os animais e un arrimado frecuente da comida, non será efectivo. Pola contra, as vacas dominantes comerán unha ración e as vacas submisas outra, e ao gandeiro o que lle interesa é que todas as vacas consuman unha ración similar.

Ademais, é necesario fixarse na comida que queda no pesebre despois de que coman as vacas, porque en teoría debería ser igual á que se lle ofreceu na ración. É dicir, se no comedeiro queda fibra longa é que os animais están a seleccionar.

¿Como valoras o novo sistema de picado de millo Shredlage?
Creo que é un sistema que pode funcionar nas condicións de cultivo en secaño porque o Shredlage simula o que fai a vaca coa forraxe, que é esgazar e romper a forraxe máis que mastigalo. Iso axuda a que unha vez dentro do rume as bacterias o dixiran dunha forma máis adecuada e tamén máis rápida. E iso é máis efectivo canto máis dura sexa a forraxe. É dicir, un millo máis maduro é máis difícil de degradar por parte das bacterias do rume, e lévalle, por así dicilo, máis tempo á vaca dixerilo. Con este sistema de picado aceleramos todo o proceso e logramos que a vaca inxira máis cantidade de forraxe.

Na Unión Europea urante a crise de prezos das materias primas no ano 2008 reformulouse o excesivo uso de concentrado en alimentación do gando vacún de leite…Tamén se dá este debate en Estados Unidos?
En Estados Unidos a ración está delimitada polos custos de produción. Se a situación económica permite dar máis cantidades de concentrado na ración dáse, chegando a niveis de 60% de concentrado na dieta e 40% de forraxe, sempre que a relación prezo de concentrado e prezo do leite o xustifique. En Estados Unidos é moi difícil que se baixe dun 30% de concentrado na ración, ou o que é o mesmo, entre 300 e 250 gramos por litro de leite.

Por outra banda, cando se aposta por unha xenética nos animais que demandan un nivel de enerxía, se non se acompaña con forraxe con maior fracción enerxética pódense xerar problemas á vaca.

En vacún de leite intensivo, ¿É un imperativo obrigatorio seguir medrando para reducir custos e gañar calidade de vida?
É un feito e en Estados Unidos tamén sucede. A realidade é que se hai uns anos en Estados Unidos os establos que se abrían partían de 500 vacas en muxido, pero hoxe xa é habitual que comecen a actividade cunhas 2.000 vacas.

Quizais en Galicia e en España é máis grave porque se vostedes manexan 60 vacas por traballador, nós en Estados Unidos xa manexamos 110 vacas. Teñen unha ampla marxe de mellora neste aspecto, e creo que non van ter máis remedio que apostar polos robots de muxido.

En Estados Unidos en produtores pequenos e mediados si que están a apostar claramente polo robot de muxido. Nas gandarías grandes non tanto, porque a man de obra é relativamente barata e o robot de muxido segue sendo caro.

 “Coas limitacións que ten Galicia, creo que debe apostar por producir leite diferenciado e derivados lácteos de valor engadido”

A rendibilidade dunha gandaría determínase en esencia polo volume de leite entregado, sendo o obxectivo unha explotación na que os cubículos estean ocupados ao 100% con vacas altamente rendibles. En todo caso, o primeiro paso en calquera proceso de expansión debería ser mellorar o volume de leite producido por vaca e tamén as calidades, se a industria as paga, antes mesmo de pensar en meter máis vacas.

Como ves o futuro do sector lácteo en Galicia, coas nosas fortalezas e debilidades?
O prezo da terra nalgún momento pode ser un limitante para que as gandarías sigan crecendo se se compite con outros usos, como os forestais. Creo que para o futuro deben apostar por diferenciar a súa produción con leite de calidade, ou directamente darlle valor ao leite a través de queixos e doutros produtos lácteos tradicionais da zona.

Iso é o que salvou a produción de leite en Dakota do Sur, onde se apostou especialmente pola elaboración de queixos e de xeados. Creo que Galicia tamén debe apostar por produtos lácteos únicos e de elevada calidade que sobresaian no mercado europeo.

Por que razas apostan en Dakota do Sur?
A Dakota do Sur emigrou xente de Holanda e do Reino Unido e introduciron a súa preferencia por outras razas diferentes da Holstein, por exemplo, usando cruces de Jersey, Roxa Sueca e Holstein, e tamén Flekvieth. E non só para lograr maior porcentaxe de sólidos lácteos, senón tamén porque a fertilidade deste gando é superior.

3 ideas sobre ““A dixestibilidade da fibra da forraxe determina a rendibilidade dunha gandaría”

  1. O rollo de sempre

    “A rendibilidade dunha gandaría determínase en esencia polo volume de leite entregado”

    Efectivamente, se unha gandeiría produce a 0,4$ o l e o vende a 0,3, canto máis venda o americano ese mais se esta forrando, lógica pura, ao mellor por eso ahora en Dakota do Sur os gandeiros fan helados jajajaja

    Contestar
  2. Pablo

    El club de la comedia es en otra ventanilla

    Porque supongo que será humor lo que querías hacer, si no revisa tu comprensión lectora

    Contestar
    • O Rollo

      A ver ilumninado, polo menos explicate, que teño que entender?

      Eu non sei como son as cousas en EEUU, pero si sei que non sempre máis vacas significa maior rendibilidade, nin vender máis leite, significa ser máis rendible, xa sexa un modelo de producción intensivo ou ecolóxico, ti ao mellor tes unha comprensión lectora da ostia, pero esto último debes descoñecelo. Que teño que entender? Fala da vaca rentable, pero que fai a esa vaca rentable? Pois para este señor a suministración dunha forraxe dixestible unido a maior producción que esa vaca poida dar e a un leite con calidades cando estas se paguen (“A rendibilidade dunha gandaría determínase en esencia polo volume de leite entregado, sendo o obxectivo unha explotación na que os cubículos estean ocupados ao 100% con vacas altamente rendibles. En todo caso, o primeiro paso en calquera proceso de expansión debería ser mellorar o volume de leite producido por vaca e tamén as calidades, se a industria as paga, antes mesmo de pensar en meter máis vacas.). Algo que non entendera? O meu problema con este artigo é que a rendabilidade dunha vaca é un asunto moi complexo que non se pode dilapidar en 3 puntos, obviando cousas como a fertilidade, o gasto veterinario, o custo da ración (por que coa misma calidade, de comprala a producila hay un paso) e ata o número de partos por vaca, da igual supoño, que unha vaca teña 1 a 12 partos, a rendabilidade desta pouco vai cambiar. Seino, ao mellor non puido expoñer todo o que quería, pero ese non é o meu problema, eu valoro o exposto, nin máis nin menos. E tampouco se pode afirmar que o primeiro é mellorar o volumen de leite producido por vaca así sin máis, sin facer ningún tipo de aclaración, por que entón o que me di e que se teño unha vaca que me de 60l de leite ao día con 50kg de comida, que se podo quitarlle 65l con 60kg pois perfecto, por que aumentas rendabilidade según esto, pero no, por que pa 5 litros mais, 10KG de comida maís, sin contar problemas a maiores que a vaca poida ter a maiores por verse máis forzada…5 ls por 10 kg, mais traballo, máís volumen vendido..pero o beneficio deses 5 litros para quen foron? Para o Gandeiro non.

      Mira, a ver se te enteras ti, que por que unha vaca che de 100 kg de leite ao día dos 70 mellores kg de forraxe que poidas atopar neste mundo, se cada kilo final da ración da vaca che sale por 20 cent (o concentrado a 30-35cent/kg en españa, 40-60% na ración, ninguna locura os 20 cent), e a vaca hoxe ten mastitis, e maña acidosis, e pasado cetosis, e pa semana esta coxa, e tarda 7 meses en preñar, e o segundo é o seu último parto, sinto decircho, pero esa vaca moi rentable nn vai ser.

      Eu o que quería dar a entender co meu comentario, e que a rentabilidade dunha vaca depende de MOITÍSIMAS cousas, ademáis, se as vacas dos americanos son tan rentables como é que necesitan xa non 500, senon 2000 e para empezar? Se tan rentables son, deberíanlles sobrar xa para vivir, coño, deberían estar todos nadando en cartos, que é o que pasa entonces? Ah si, que o modelo que defendedes, será moitas cousas, pero rentable? Rentable nin de coña, encarecestes tanto a producción de cada litro por buscar o límite do límite da vaca que o modelo basease en ganar unha merda por litro e vender moitos moitos moitísimos litros por vaca pa ir tirando (a cambio de destrozar a vaca e que sexa carísimo producir, cousa en parte ilógica)…eso é ser rentable? En fin, rentable po veterinario, po asesor, po podólogo, pa industria, pos asesores con graduado (Grado de Licenciatura) cuxa función é completamente realizable polo gandeiro (por aquel que teña conocementos básicos ou ganas de aprender algo polo menos), pero para o gandeiro é unha miseria, queredes que mova o máximo capital posible por que anque él non o gañe, alguén o vai levar, pero a él como se lle queda merda.

      Mira, xa me extendín demasiado, e un empeza a liarse, solamente dime, se o módelo este funciona tan ben, se canto máis mellor sempre, como é posible que existan granxas con centos, miles de vacas, que nn dan vivido de vender leite? que teñen que poñerse a trasformar ese leite en queixos ou xeados para conseguir a rendabilidade da que tanto se fala? Nn deberian estar nadando en abundancia en vez de estar esquivando o puto cierre? Que lle pode aportar un modelo así ao gandeiro galego? Nada novo, solo a merda que xa ten, é o mellor modelo para a macrogranxa de Soria (ou donde fora), é máis, é o único modelo rentable e posible para unha macro granxa en Soria seguramente por que os gastos variables desa granxa van ser elevadisimos si ou si, non lles queda outra que baixar os fixos a base de numero de animais e volumen para conseguir quitar algo por litro, e unha vez nese punto efectivamente cando mais, pois mellor, pero é solo un modelo máis, un modelo que se importou a Galicia e que provocou que os gandeiros baixaran os seus gastos fixos ao crecer pero que subiran tanto, tantísimo os variables que o outro día aquí mismo nun artigo se expoñia que na cooperativa os Irmandiños creo que era, aos seus membros lles costaba producir un litro de leite mais de 38 cent…que rendabilidade é esa? Senón é pola PAC esas granxas están na merda. E en USA aguantan mellor por que aqui 500 vacas teraas a granxa máis grande de Galicia e ali 500 son poucas, e por mero número pois claro, vailles algo mellor co modelo este, pero sigue sendo a misma merda.

      A cousa é, o intensivo sin límites é o modelo de producción de leite máis rentable e pode que único viable nunha granxa que non poida reducir os seus custos variables, pero nunha que os poida controlar, desintensificar pode darlle mais rendabilidade e cartos ao gandeiro que seguir intensificando en certo punto. Rentable é a explotación onde o litro se produce a 15 e se vende a 50, non na que o litro se produce a 29.8 e se vende a 30. Esta ao mellor ten moitas máis vacas e vende moito máis leite, pero mais rentable, nn é. E solo digo que ao mellor ó gandeiro intensivo, as veces, se as condicións da sua explotación o permitise, lle iría mellor esforzándose en doblar o que gana por litro que non en seguir aumentando a media de producción e os animales (que logo baixanlle o leite coño, non ves que po ano xa volve baixar en Europa por volver producir moito, e ao depender solo de producir pa diante e do volume vendido, os seus márgenes de ganancia volver ir a merda coa rentabilidade do voso modelo jajaja).

      E ahora, se hay algo que non entendera, a ver se aparte de menosprecios te molestas en aportar a túa sabiduría para gozo de todos.

      Ale, a pastar. Que eso si que é rentable jaja.

      Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información