Aplicación de xurros con baixas emisións: comparativa de catro sistemas

O enterrado mediante reixas minimiza as perdas de amoníaco pero require tractores de maior potencia e faise viable unicamente en momentos de rotación de cultivos. A aplicación localizada mediante tubos colgantes con patíns incrementa o aproveitamento do nitróxeno sobre pradeiras

Jornada de demostración de distintos sistemas de aplicación en la Granja Gayoso Castro, en Castro Riberas de Lea

Xornada de demostración de distintos sistemas de aplicación na Granxa Gayoso Castro, en Castro Riberas de Lea

O uso de fertilizantes procedentes de fontes orgánicas permite aforrar abono químico grazas ao aproveitamento de recursos da propia granxa, en sintonía coa filosofía de economía circular promovida pola UE, pero non está exento de riscos medioambientais.

No caso do xurro, unha mala xestión do seu almacenamento e aplicación en campo incrementa as emisións de amoníaco (NH₃), un gas de efecto invernadoiro que o sector agrograndeiro está obrigado a reducir.

Entre as técnicas recoñecidas polo Ministerio de Agricultura para mitigar as emisións de amoníaco e incrementar o aproveitamento do nitróxeno contido no xurro atópanse os sistemas de aplicación localizada.

Reducir as emisións de amoníaco á atmosfera permite aproveitar mellor o contido en nitróxeno do xurro e, por tanto, o seu poder fertilizante

Unha xornada demostrativa celebrada na Granxa Gayoso Castro, onde se atopa a Granxa Experimental de Leite do Campus Terra da USC, permitiu comprobar sobre o terreo o funcionamento de catro sistemas de aplicación: prato de choque, tubos colgantes, patíns e reixas de enterrado.

Os sistemas de aplicación localizada están recoñecidos polo Ministerio de Agricultura como Mellor Técnica Dispoñible (MTD) para a redución de emisións de amoníaco

Este encontro, organizado por Javier Bueno, profesor de mecanización agraria na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, inclúese nas actividades desenvolvidas polo Centro de Competencias Dixitais, dependente do Ministerio de Agricultura e do que forman parte distintas universidades, para promover a adopción de novas tecnoloxías e a implantación da dixitalización no sector agrograndeiro, mostrando experiencias prácticas en distintos puntos da xeografía española.

A continuación, detállanse as particularidades dos distintos sistemas de aplicación:

Sistema de prato de choque ou abano

O sistema tradicional de aplicación de xurro mediante prato de choque (sexan tanto o convencional como o prato invertido) atópase en teoría prohibido nestes momentos, agás en determinadas excepcións, onde se segue permitindo a súa utilización:

  • En parcelas cunha pendente media superior ao 10%
  • En recintos illados de menos de 1 ha, sempre que non teñan ao lado outras parcelas pertencentes á explotación
  • En toda a explotación cando a superficie total é inferior a 2 ha ou máis do 50% da superficie ten máis dun 10% de pendente

Co prato de choque ou abano, o nivel de pulverización do xurro é maior, incrementándose de forma substancial tanto o cheiro como o nivel de emisións de amoníaco respecto de sistemas de aplicación localizada. Aínda así, asegura Javier Bueno, “é o sistema preferido a día de hoxe polos agricultores e gandeiros en Galicia, debido a que é o sistema máis barato e económico, ao supor un menor investimento inicial, e tamén o que require unha menor atención á condución”.

Malia estar prohibido, o sistema de prato segue sendo o máis utilizado a día de hoxe en Galicia

No prato de choque faise necesario solapar pasadas para lograr unha distribución uniforme do xurro que se axuste á dose desexada. Ademais, tal como explica Javier, “pola súa ubicación no extremo traseiro da cisterna, o prato está exposto a golpes que fan que poida deformarse ou descentralizarse, facendo que o abano resultante non sexa simétrico, polo que é necesario revisalos periodicamente e recentralos para que a distribución sexa o máis uniforme posible”.  

Sistema de aplicación mediante plato invertido perteneciente a la Granja Gayoso Castro

Sistema de aplicación mediante prato invertido pertencente á Granxa Gayoso Castro

En condiciones de viento el uso de sistemas de plato dificulta la aplicación

En condicións de vento o uso de sistemas de prato dificulta a aplicación

Este sistema de abonado requiere que las praderas estén recién segadas

Este sistema de abonado require que as pradeiras estean recén segadas

Sistema de tubos colgantes

Entre os sistemas alternativos ao prato de choque para a redución de emisións de amoníaco por volatilización do nitróxeno, o máis estendido é a barra de tubos colgantes. Os tubos colgantes permiten depositar o xurro a pouca distancia do chan, reducindo deste modo as emisións. Porén, respecto doutros sistemas con patíns ou inxectores, é menos eficiente no aproveitamento de nutrientes.

En pradeira, se as plantas están rebrotadas as follas quedarían manchadas, igual que no sistema tradicional de prato. Ademais de manchar a cobertura vexetal existente, outro problema habitual en barras de tubos moi anchas é o de lograr unha distribución uniforme do xurro en toda a superficie, xa que debido á menor presión nos extremos, ás veces é necesario facer solapes, do mesmo xeito que ocorre normalmente en aplicacións con prato.

As cisternas deben incorporar un triturador para evitar atascos nas tubaxes

Para utilizar estes sistemas de tubos, igual que no caso de patíns, reixas ou discos, é indispensable incorporar tamén á cisterna un triturador, que de forma mecánica permite eliminar elementos que puidesen atascar as tubaxes e impedir a circulación do xurro.

Os sistemas de tubos colgantes, dispoñibles no mercado a partir de 6 metros de ancho, non requiren un incremento substancial de potencia no tractor, aínda que incrementan o peso da cisterna na parte traseira, provocando unha descompensación da carga, sobre todo cando se trata da adaptación de cubas xa existentes.

A velocidade de aplicación debe axustarse á dose desexada

A velocidade de aplicación debe axustarse á dose desexada, en función do caudal de saída da cisterna. As cubas que dispoñen de válvula de tixola permiten tamén xogar coa maior ou menor apertura desta válvula de saída para adaptar o caudal á dose buscada.

Para unha dose de 50 metros cúbicos de xurro por hectárea cunha velocidade de traballo habitual de 2.500 litros por minuto, o tempo de descarga dun tanque de 10.000 litros sería de 4 minutos.

DIGIPURIN aplicacion con tubos colgantes1

Un problema habitual en las barras de tubos colgantes muy anchas es lograr una distribución uniforme del purín en los extremos

Un problema habitual en barras de tubos colgantes moi anchas é lograr unha distribución uniforme nos extremos

Sistema de patín en superficie

O sistema de patín permite depositar o xurro localizado en superficie, posibilitando un contacto directo co chan pero sen alterar a zona xa labrada, o que fai posible usalo, por exemplo, en pradeiras, a diferenza do sistema de enterrado mediante reixas ou discos.

Do mesmo xeito, o patín evita que as follas da planta se manchen co xurro, o que maximiza o aproveitamento de nutrientes sen prexudicar a fotosíntese, aumentando o crecemento vexetativo. En explotacións de pastoreo permite ademais que os animais poidan entrar antes na parcela, ao non verse contaminada a planta co xurro.

O sistema de patín demanda maior forza de tracción no tractor respecto do sistema de tubos colgantes

O sistema de patín demanda maior forza de tracción no tractor respecto do sistema de tubos colgantes suspendidos, debido á necesidade de arrastrar o patín. Porén, esta demanda de potencia do tractor é menor ca no caso do sistema de enterrado mediante reixas ou discos, o que obriga a traballar con anchos de aplicación menores.

DIGIPURIN aplicacion con tubos colgantes con patin1

Cisterna con barra de patíns de 15 metros de ancho, pertencente á gandería SAT Emilio do Jaime

La barra permite regular la presión que ejercen los patines sobre el suelo 

A barra permite regular a presión que exercen os patines sobre o chan

La aplicación mediante patín evita que las hojas de las plantas se manchen con el purín

A aplicación mediante patín evita que as follas das plantas se manchen co purín

Sistema de enterrado do purín mediante reixas

Os sistemas de enterrado do xurro no momento da aplicación permiten maximizar o aproveitamento do nitróxeno contido no xurro, evitando as perdas por volatilización en forma de amoníaco. Existen distintas modalidades de enterrado, por exemplo mediante reixas ou mediante discos.

É o sistema que permite conseguir unhas menores perdas de nitróxeno na aplicación

Algúns dos atrancos destes sistemas teñen que ver co feito de requiriren unha maior potencia no tractor para arrastrar a cisterna cargada de xurro e ir abrindo ao mesmo tempo o terreo. Na demostración, realizada por parte da empresa de servizos agrarios Marcos Otero, empregouse un tanque con capacidade de 22.500 litros de xurro e un sistema de enterrado traseiro de 6 metros de anchura.

Ademais, este método de aplicación do xurro é válido unicamente en momentos de cambio de cultivo, en terreos labrados ou inmediatamente antes de levantar o cultivo precedente, por exemplo para pasar de pradeira a millo na primavera ou de millo a pradeira no outono.

Sistema de enterrado mediante rejas de 6 metros de anchura instalado en un tanque con capacidad de 22.500 litros.

Enterrado mediante reixas con ancho de traballo de 6 metros na empresa de servizos agrarios Marcos Otero

El ancho de trabajo en sistemas de enterrado de purín suele ser inferior a los sistemas de tubos colgantes suspendidos

A anchura de traballo en sistemas de enterrado de purín é inferior aos sistemas de tubos colgantes suspendidos

Se trata de un sistema idóneo para abonado previo a cambios de cultivo

Trátase dun sistema idóneo para abonado previo a cambios de cultivo

Retorno económico: aforro en abonos químicos e incremento de colleita

Ademais do aspecto medioambiental, os sistemas de baixas emisións inciden directamente nun aforro de diñeiro por parte das explotacións na compra de abonos químicos, polo que a vía para convencer os gandeiros das vantaxes de implantación destes métodos de aplicación que aproveitan o poder fertilizante do xurro e aforran nitróxeno de síntese química podería vir pola vertente económica.

“Moitos gandeiros din que en canto cambian á barra de tubos colgantes notan que a herba lles medra moitísimo máis”, asegura Javier. “Mesmo entre a barra de tubos colgantes máis habitual e a de tubos con patíns, nótase un aumento de produción, tanto en pradeira como noutros cultivos. Por iso, o feito de que unha técnica resulte a priori máis cara ou máis barata ca outra habería que matizalo, xa que sería preciso ter en conta tamén estes outros factores de retorno”, engade.

Podemos atopar barras con tubos colgantes de fabricación galega de marcas como Carruxo ou Romay por baixo dos 10.000 euros

Neste sentido, o profesor de mecanización da Escola Politécnica de Lugo defende que o custo de adquisición de determinados sistemas se ve claramente compensado polos seus beneficios. “A partir duns 15.000 euros podemos incorporar á nosa cisterna un sistema básico de análise da composición do xurro e un sistema de aplicación de baixas emisións mediante tubos colgantes, que nun tanque que custa 50.000 ou 60.000 euros non supón un encarecemento excesivo, tendo en conta o retorno que nos achega”, asegura.

Por iso, di, “dentro do estudo económico habería que considerar distintos aspectos positivos derivados da utilización destes sistemas de baixas emisións, xa que ao aforro en abono químico habería que engadir o aumento de produción logrado mediante un maior aproveitamento do nitróxeno contido no noso xurro”, argumenta Javier.

Medición de emisións

Tubos colorimétricos de medición con un reactivo en el interior que reacciona en contacto con el amoníaco

Uso de tubos colorimétricos de medición cun reactivo interno que reacciona en contacto co amoníaco

A xornada demostrativa celebrada na Granxa Gayoso Castro permitiu comparar as emisións de amoníaco xeradas cos distintos sistemas de aplicación, mediante o uso de tubos colorimétricos que reaccionan á presenza de amoníaco.

A maior temperatura ambiente, maiores emisións

As emisións varían en función do método utilizado e do tempo, de modo que co prato de choque o pico de emisións se produce no momento inmediatamente posterior á aplicación, mentres que cos sistemas localizados se produce un efecto de retardo e a maior cantidade de emisións ten lugar minutos despois do momento inicial. Do mesmo xeito, en todos os sistemas as emisións son maiores nos primeiros minutos respecto dunha hora despois, por exemplo.

sistemas de aplicacion de purin comparacion perdida de amoniaco

Aínda que o foco actual tanto do Goberno español como da Comisión Europea está situado nas emisións de amoníaco por volatilización, outro foco de contaminación posible nas aplicacións de xurro son as emisións de óxido nitroso, sobre todo en solos arcillosos ou enchoupados.

Introducir o xurro no solo enchoupado pode facer perder un 50% do nitróxeno por desnitrificación

Por iso, a normativa en vigor (Real Decreto 1051/2022 de Nutrición Sostible de Solos Agrarios) prohibe a aplicación de xurro en determinadas situacións atmosféricas, por exemplo con chuvia abundante ou previsión neste sentido, e en solos xeados ou nevados.

PAC 2028-2034

En sintonía coas políticas europeas de sustentabilidade agraria, a Comisión Europea aposta polo uso de abonos orgánicos procedentes da propia explotación, así como pola implementación de técnicas de redución de emisións tanto durante o almacenamento (cubrición de fosas, costras naturais, etc.) como durante a aplicación en campo (enterrado, acidificación, sistemas de aplicación localizada, etc.).

En sintonía coas políticas europeas de sustentabilidade agraria, a PAC aposta polo uso de abonos orgánicos e técnicas de redución de emisións

Estas medidas figuran incluídas actualmente na PAC dentro da condicionalidade reforzada, pero barállase que, de cara ao próximo período da Política Agraria Común, que entrará en vigor a partir de 2028, estes métodos poidan xerar ingresos extra en forma de incentivos aos produtores polas súas prácticas voluntarias respectuosas co medio ambiente.

Para acadar os obxectivos da UE para a xestión de nutrientes, a estratexia comunitaria impón uns obxectivos ambientais moi ambiciosos, entre os que se atopa un referido á fertilización e bo estado agronómico dos solos. Establece como meta reducir para 2030, polo menos, á metade as perdas de nutrientes, sen deteriorar a fertilidade do solo, o que reducirá o uso de fertilizantes en polo menos un 20%.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información