Distribución das axudas do Plan Renove 2017 por Comunidades Autónomas

Distribución das axudas do Plan Renove 2017 por Comunidades Autónomas

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente recompilou os datos das subvencións concedidas no marco do Plan RENOVE 2017 de tractores e maquinaria agrícola, dotado con 5 millóns de euros.

Así, durante o mes e medio no que estivo aberta a convocatoria, concedéronse axudas a 607 agricultores por valor de 4.664.031 €, o 93% do total, sen esgotar por tanto o orzamento para estas axudas. O investimento total dos agricultores que recibiron a subvención en compra de tractores e maquinaria foi de 23.147.358 €, por tanto, a subvención supuxo unha axuda do 20% do total do gasto.

A data de 18 de xaneiro cobraron 351 agricultores por un total de 2.874.630 euros.

Distribución de axudas por Comunidades Autónomas:

 Andalucía

129.454,61 €

3%

 Aragón

928.920,37 €

20%

 Cantabria

6.453,00 €

0%

 Castilla y León

2.219.322,53 €

48%

 Castilla-La Mancha

536.858,84 €

12%

 Cataluña

282.913,86 €

6%

 Comunidad de Madrid

45.125,10 €

1%

 Comunidad Foral de Navarra

52.576,30 €

1%

 Comunidad Valenciana

26.510,70 €

1%

 Extremadura

223.646,50 €

5%

 Galicia

48.944,00 €

1%

 La Rioja

114.065,36 €

2%

 País Vasco

16.763,50 €

0%

 Principado de Asturias

5.496,00 €

0%

 Región de Murcia

6.980,50 €

0%

Total general

4.644.031,17 €

100%

Como se observa, Castela e León acapara a maior parte destas axudas, un 48%, seguida de Aragón, cun 20%, e de Castela A Mancha, cun 13%. Entre o tres copan o 81% das axudas.

Desde Galicia algunhas organizacións agrarias critican que as condicións do Plan Renove fan moi difícil a súa concesión. En concreto, un dos requisitos é que o vehículo que se pretenda substituír para ser achatarrado deberá estar inscrito no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA) polo menos durante 15 anos, pero ao mesmo tempo deberá poder pasar a ITV con éxito. É dicir, obriga ao agricultor a achatarrar un vehículo que, aínda que antigo, cumpre todos os requisitos que establece o Estado para continuar prestando servizo

Tipo de máquina

IMPORTE  AYUDA

GASTO EN COMPRA DE MAQUINARIA NUEVA

Máquinas arrastradas

2.422.328,62 €

8.399.639,06 €

Máquinas automotrices

57.623,62 €

995.056,81 €

Máquinas suspendidas y semisuspendidas

977.537,85 €

3.429.497,52 €

Tractores

1.186.541,08 €

10.323.165,49 €

Total general

4.644.031,17 €

23.147.358,88 €

Por tipo de máquina, destacan as máquinas arrastradas entre as que se atopan os equipos de aplicación de produtos fitosanitarios e as abonadoras, seguidas dos tractores.

Desde o Ministerio destacan que o Plan RENOVE 2017 para a renovación do parque de nacional de maquinaria partiu cun obxectivo máis amplo que o Plan PIMA Terra do ano 2015. “Fronte a unhas axudas que estaban centradas exclusivamente en tractores, o Plan RENOVE 2017 estendeu o seu ámbito de actuación tamén a máquinas automotrices e outras arrastradas e suspendidas, como foron as sementadoras directas, os equipos de aplicación de produtos fitosanitarios, abonadoras e cisternas de aplicación de xurros con dispositivos localizadores para depositar o produto en bandas ou soterrado”, destacan.

Ademais, desde o Ministerio destacan que con esta renovación do parque de maquinaria agrícola os novos tractores conseguen unha redución de 15-20 % de dióxido de carbono e ata dun 94% de partículas respecto dun de antigüidade superior a 15 anos. “Ademais conseguiuse reforzar a seguridade xa que a contía da subvención increméntase se o tractor que se substitúe non dispuña de ningunha estrutura de protección homologada no momento de entrada en vigor da obrigatoriedade de dispor de estruturas de protección”, engaden.

Respecto ao resto de máquinas destacan que mellora a eficiencia no uso de fertilizantes e fitosanitarios e reducen as emisións de amoníaco á atmosfera.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información