Distincións honoríficas Fefriga 2025 as mellores vacas e explotacións galegas

FRISOAS PRADO

Os galardóns, que se entregarán o venres na Finca Mouriscade de Lalín, valoran os mellores índices de produción e cualificación morfolóxica do ano 2024 nas explotacións de vacún de leite adscritas a control leiteiro. Rodasinde SC (O Saviñao) foi considerada a mellor granxa galega, mentres que o premio á mellor vaca produtora recaeu nun exemplar de SAT Xusto (Castro de Rei). A Federación Frisoa Galega (Fefriga) quere así valorar e agradecer o esforzo dos gandeiros.

No apartado de produtoras primeirizas concédese o recoñecemento os 20 mellores animais que non superen os 30 meses de idade no momento do parto e remataran a súa lactación -normalizada a 305 días- no 2024. Finca Marisa, de Curtis, conseguiu ocupar o primeiro lugar con Penedo Pluto 0328, un exemplar que produciu 18.841 litros cun sistema de dúas muxiduras diarias en sala. En segundo lugar situouse Rodasinde Humblenkind, de Rodasinde SC en O Saviñao, con 18.494 litros. E en terceiro lugar volveu triunfar Finca Marisa, con Penedo Montana 2781 e 18.328 litros de leite.

Para medir as 20 mellores explotacións, requírese que, cun mínimo de 17 lactacións normalizadas e rematadas en 2024, obtiveran as mellores medias de produción en quilos de leite en Galicia. Rodasinde SC, SAT As Pandas (Vilalba) e Casa do Rego (Láncara) ocuparon os tres primeiros lugares.

Xusto Braxton Benzema -de SAT Xusto en Castro de Rei- foi a vaca máis produtora de Galicia en 2024 cun total de 23.851 quilos de leite. Seguírona Lodos Torrel Merita -de SAT Lodos e Pérez, en A Pastoriza- e As Pandas Misione 874, de SAT As Pandas. Ambas vacas tamén por riba dos 23.000 quilos.

En canto a calificación morfolóxica, outórgase diploma as 20 mellores explotacións por media de cualificación morfolóxica que conten con 17 ou máis reprodutoras cualificadas, teñan cualificadas máis do 90% das femias maiores de 36 meses e non superen o 5% de reprodutoras inscritas no Rexistro Auxiliar “A”. Nesta categoría a maior distinción foi para Mantoño Holstein, de Barreiros, con 88,77 de media de cualificación. Seguiulle Baixo Holstein, de Sarria, con 88,17 e en terceiro lugar situouse Finca la Asunción, de Touro, cun 86,84.

Fefriga valorou tamén a lonxevidade dos animais cun Título de Recoñecemento a todas aquelas femias que, tendo rematado unha lactación no 2024, acadaran ó longo da súa vida, unha produción igual ou superior a 100.000 quilos. Xusto Braxton Benzema encabezou tamén esta categoría, con 182.997 quilos. Segunda foi Grille Bradnick 347, de Grille S. Coop. Galega (Mazaricos) e terceira quedou Petra, da gandería Mosquera de Ordes.

Finalmente, outorgouse Título de Recoñecemento ás 20 mellores explotacións por Índices Xenéticos (ICO). Os requisitos neste apartado consistían en ter 17 ou máis reproductoras, non superar o 5% de vacas no Rexistro Auxiliar “A” e ter máis do 75% das reproductoras maiores de 36 meses valoradas xeneticamente. Os tres primeiros títulos recaeron -nesta orde- en SAT Agosto Darriba (A Pastoriza), Finca Mouriscade (Lalín) e Gandería Abonxo (Lalín).

Pódense consultar todas as distincións e índices no seguinte enlace:

DISTINCIÓNS FEFRIGA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información