Disposicións para a converxencia do pago básico da PAC no 2021 e no 2022

Disposicións para a converxencia do pago básico da PAC no 2021 e no 2022

O Boletín Oficial del Estado publica hoxe o real decreto que regula as axudas da PAC do 2021 e do 2022. Entre outras cuestións, estipula como continuará a converxencia de dereitos de pago básico no 2021 e no 2022, antes de que entre en vigor o novo ciclo da Política Agraria Común.

A normativa para o 2021 e para o 2022 busca que haxa unha converxencia dos dereitos dentro de cada unha das 50 rexións agronómicas nas que está dividida a PAC en España.

As disposicións para este ano establecen que o valor dos dereitos de pago básico no 2021 basearase no seu valor a 31 de decembro do 2020. Durante o 2021, os dereitos de pago cuxo valor sexa inferior ó valor medio rexional incrementaranse nunha cuarta parte da diferencia entre o seu valor inicial e o valor medio rexional do 2021.

Ese aumento financiarase a través da redución dos dereitos que superen o valor medio rexional, sen limitación máxima de perdas, máis alá do valor medio rexional. Ningún dereito de pago básico terá un valor inferior ó 70% do valor medio rexional no 2021.

O valor dos dereitos poderá consultarse nesta web antes do inicio do periodo de solicitude da PAC.

Para o 2022, o valor dos dereitos basearase nos datos a 31 de decembro do 2021. Novamente aplicarase unha converxencia cos mesmos criterios que este ano. Aqueles dereitos por baixo do valor medio rexional aumentarán unha cuarta parte da diferenza entre o seu valor inicial e o valor medio da rexión agronómica. Ningún dereito de pago terá un valor unitario inferior ó 80% do valor medio rexional no 2022.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información