A directora, guionista e actriz Mariana Carballal, pregoeira da XVIII Feira do Viño de Monterrei

Publicidade
A directora, guionista e actriz Mariana Carballal, pregoeira da XVIII Feira do Viño de Monterrei

A XVIII Feira do Viño de Monterrei contará cunha pregoeira de luxo. A actriz, guionista e directora Mariana Carballal será a encargada de realizar o pregón que dará comezo a esta celebración. Unha persoa fortemente vencellada co territorio e que leva a denominación de orixe Monterrei sempre consigo.

A realización do devandito pregón está enmarcada dentro dos actos previstos para a xornada inaugural da feira. Despois da celebración da Confraría dos Viños de Monterrei, na Igrexa Parroquial de Verín, terá lugar a inauguración oficial da nova edición desta feira do viño. Esta será o 08 de agosto, a partir das 20 horas, na praza García Barbón de Verín.

Mariana Carballal naceu en Albarellos (Monterrei). Licenciada en Arte Dramática pola RESAD de Madrid e posgrao en Estudos Teatrais e Cinematográficos pola Universidade da Coruña. Profesora de interpretación na ESAD de Galicia, de Dirección en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo e de Interpretación para Cámara na UMinho. Directora, guionista e actriz de teatro, TV e cine. Participou en películas e series como Vivir sen permiso, Fariña, Elisa e Marcela, 22 Ángeles, Secretos, Sinbad, A pel que habito, Matalobos, Hospital Central ou Pratos Combinados. Ademais de actuar en obras como O embruxado, As galas do defunto, A asemblea das mulleres ou A petición da man, entre outras. Posúe o premio Galicia en Feminino 2004, outorgado pola Xunta de Galicia en recoñecemento á súa achega á visibilidade das mulleres no eido da dirección, Xociviga de Honra en 2016 ou Premio OUFF Ourense 2023.

Sobre a D.O. Monterrei
A Denominación de Orixe Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas. A mesma abrangue os concellos de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val. Está conformada por 29 adegas. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 798,10 hectáreas de territorio nas que traballan 381 viticultores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información