Dimite Pedro Ramos como coordenador da Asociación de Industrias Lácteas de Galicia

A Asociación de Empresas Lácteas de Galicia queda de momento sen coordinador nun momento difícil para todo o sector, especialmente para os gandeiros.

Dimite Pedro Ramos como coordenador da Asociación de Industrias Lácteas de Galicia

Pedro Ramos

Pedro Ramos presentou a pasada semana a súa dimisión como coordenador da Asociación de Empresas Lácteas de Galicia (AELGA). En declaracións a Campo Galego, o ata agora portavoz da patronal láctea galega dende o ano 2006 asegurou que “a razón é de tipo persoal, porque considero que neste momento non aporto solucións á complexa situación que vive o sector industrial en Galicia”.

Ramos, que acumula unha longa traxectoria profesional no sector industrial lácteo de Galicia, primeiro en Larsa e logo en Celta, desvinculou a súa decisión do plantón da asociación á reunión convocada pola conselleira o pasado venres. “Non acudimos porque non estaban claros os puntos a tratar na orde do día e porque, como dixo a conselleira, expuñámonos a unha sanción do Tribunal de Defensa da Competencia”.

A Asociación de Empresas Lácteas de Galicia queda de momento sen coordinador nun momento difícil para todo o sector, especialmente para os gandeiros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información