Día Mundial do Leite: Curiosidades dun alimento con moita historia

Día Mundial do Leite: Curiosidades dun alimento con moita historia

Un recente estudo internacional identificou, a través de vasixas, que o consumo de lácteos remóntase a fai entre 7.500 e 5.550 anos, formando parte da dieta das primeiras poboacións neolíticas europeas. Desde entón, o leite consolidouse como un dos produtos básicos para a alimentación humana, vital para a súa nutrición.

A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), que establece cada 1 de xuño como o Día Mundial do Leite, apunta que un vaso diario de douscentos mililitros de leite de vaca proporciona a un menor de cinco anos o 21 % das súas necesidades de proteínas e o 8 % de calorías e nutrientes.

Neste sentido, a Organización Interprofesional Láctea (Inlac) quere chamar a atención sobre a importancia histórica e nutricional do leite, imprescindible ademais para obter derivados como os iogures ou os queixos. Do Neolítico a Grecia ou Exipto, o consumo regular de leite animal remóntase ao momento no que o home deixou de ser nómade e comezou a cultivar a terra para alimentar aos seus animais domesticados. No Exipto dos faraóns, Cleopatra tiña por costume bañarse en leite ao pensar que, ademais de hidratar, limpaba a pel. Os usos medicinais e cosméticos son habituais, igualmente, na antigüidade clásica grecolatina. O grego Hipócrates, considerado o pai da medicina, receitaba leite fresco de vaca como antídoto eficaz para casos de envelenamento.

Pero as curiosidades históricas van máis lonxe aínda, pois o leite non deixou de ser un alimento case exclusivo do ámbito rural até o século XIX. Os importantes progresos científicos e tecnolóxicos da época permitiron o consumo de lácteos na cidade, dentro das cales se chegaron a instalar granxas de vacas, toda unha novidade para millóns de persoas.

Hoxe en día, o sector lácteo é transcendental para a economía rural de Europa, que lidera a produción mundial ao acaparar o 40 % das cifras totais. En España, a súa importancia é tamén crucial.

A cadea de produción e transformación do sector lácteo xera en España ao redor de 13.000 millóns de euros ao ano e dá emprego a unhas 60.000 persoas. Ademais, favorece unha importante actividade económica no sector loxístico e industria auxiliar.

España é hoxe o oitavo maior produtor de leite de vaca de Europa por detrás de Alemaña, Francia, Reino Unido, Holanda, Italia e Irlanda. É o segundo maior produtor de leite de ovella, por detrás de Grecia, e tamén o segundo en leite de cabra despois de Francia.

Leite e saúde

A maior parte das Guías en Alimentación nacionais e internacionais recomendan tomar 2-4 racións por día de lácteos, dependendo da idade e circunstancias de cada colectivo.

Os lácteos achegan proteínas de alto valor biolóxico e hidratos de carbono, fundamentalmente en forma de lactosa, ademais de calcio, magnesio, fósforo, zinc e outros minerais, así como vitamina B12 e A, todos eles con importantes funcións no organismo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información