DIA compromete unha suba inmediata do leite de 2 céntimos para os gandeiros

A cadea de supermercados acorda tamén cos gandeiros identificar a orixe do leite e rematar coas poxas electrónicas de compra, que substituirá por contratos estables a un mínimo de tres meses. A asemblea de gandeiros acepta a proposta e desbloquea o Centro Loxístico de DIA en Santiago.

DIA compromete unha suba inmediata do leite de 2 céntimos para os gandeiros

Os gandeiros porán fin ao bloqueo a DIA.

Logo de case dúas semanas de confrontación con Carrefour, ata que se acadou un acordo, o resto de grupos de supermercados van caendo en cadea. Foron só necesarias pouco máis de doce horas de bloqueo ao seu Centro Loxístico de Santiago para que DIA iniciase conversas e para chegar a un principio de acordo. A cadea de supermercados comprométese a unha suba inmediata no leite de decembro de 2 céntimos nos pagos aos provedores de leite da súa marca branca, que son actualmente Central Lechera Asturiana, Leche Celta, Reny Picot e Feiraco.

A asemblea de gandeiros, reunida sobre as oito da tarde, acordou por unanimidade aceptar a proposta e desbloquear as instalacións.

O volume total de leite que move a cadea ascende en España a 60 millóns de litros ao ano, a maioría de orixe galega. DIA acordou tamén cos gandeiros a identificación da orixe do leite e reducir as importacións de leite francés.

Esta mesma tarde a cadea de supermercados ten previsto chamar aos provedores de compras da súa marca branca para comunicarlles a suba, de xeito que os gandeiros sexan tamén informados no menor prazo posible.

Como no anterior acordo con Carrefour, agárdase que cada industria suba o leite na proporción que representen as vendas a DIA. En casos como Leche Celta, que lle vende a Lidl, Eroski, Carrefour e DIA, os produtores agardan unha suba xeneralizada de 2 céntimos xa para o mes de xaneiro.

DIA rematará coas poxas electrónicas na compra de leite

Tanto Carrefour como DIA comprometéronse cos produtores a entregarlles documentación notarial das subas ás industrias.

Ademais, DIA comprometeuse tamén a rematar coas poxas electrónicas de compra de leite, que facía cada poucas semanas e que, ao entender de gandeiros e de industrias, estaban a tirar os prezos á baixa. A cadea comprometeuse a substituílos por contratos estables a un mínimo de tres meses.

Á reunión asistiron representantes dos gandeiros presentes no bloqueo, así como Roberto García, Román Santalla e Óscar Pose, de Unións Agrarias.

Para mañá ás 10:00 espérase en Santiago unha negociación con Alcampo. Os gandeiros farán unha asemblea diante do Centro Loxístico de DIA para ratificar o previsible acordo coa cadea francesa.

Comunicado remitido por DIA: 

DIA cierra un cuerdo con los ganaderos en Galicia.

En línea con el resto del sector de la distribución, DIA desea que el sector lácteo gallego sea sostenible.

Madrid, 23 de diciembre de 2015. DIA ha mantenido una reunión a lo largo de la tarde de hoy con representantes del sector ganadero con el objetivo de alcanzar un acuerdo que contribuya a la sostenibilidad del sector lácteo. Dicho principio de acuerdo contiene tres compromisos fundamentales:

  1. Aplicar un sistema de contratación que proporcione una mayor estabilidad (como mínimo con una temporalidad trimestral) en los volúmenes adquiridos por los proveedores de leche gallega.

  2. Incrementar en dos céntimos la retribución por litro de leche (aplicados desde el 1 de diciembre)recogida en Galicia por todos sus suministradores, que de manera obligatoria han de ser trasladados por parte del proveedor a los ganaderos gallegos.

  3. El compromiso de la compañía de trabajar de manera conjunta con sus proveedores en la identificación de la procedencia y origen de la leche.

La compañía espera ahora que los ganaderos, que deben ratificar en asamblea el acuerdo, retiren el bloqueo de su almacén para poder trabajar con normalidad y dar cumplimiento a dichos compromisos.

DIA desea reiterar que siempre ha estado en todas las mesas de negociación y que es partidaria de solucionar desde el absoluto respeto a las normas de libre mercado y al derecho de la Competencia esta situación apostando por el sector lácteo gallego y español apoyando la sostenibilidad y rentabilidad de toda la cadena productiva.

Distribuidora Internacional de Alimentación, DIA, es una compañía internacional del sector de la distribución de la alimentación, productos de hogar, belleza y salud. DIA cotiza en la Bolsa de Madrid y forma parte del Ibex 35, el índice de referencia del mercado bursátil español. En 2014, las ventas brutas bajo enseña alcanzaron los 9.400 millones de euros y el número de establecimientos ascendía a 7.306 en los países en los que opera, España, Portugal, Brasil, Argentina y China.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información