Día do Apicultor e Asemblea Xeral da Asociación Galega de Apicultura

Publicidade
Data inicio: 01/02/2015
Data fin: 01/02/2015
Lugar: Arzúa (Santa María), A Coruña, España

DÍA DO APICULTOR 2015 E ASEMBLEA XERAL DE AGA

Domingo, 1 de febreiro de 2015 en Arzúa

O Día do Apicultor será unha boa ocasión para coñecer e  participar activamente nas actividades de AGA para o 2015. Falaremos sobre a Vespa Velutina e haberá varios obradoiros prácticos.

De paso tamén poderedes realizar diversos trámites: renovar o seguro, facer as xestións do Plan Apícola e adquirir materiais apícolas. Ademais terá lugar a Asemblea Xeral da Asociación Galega de Apicultura (AGA).

PROGRAMA

Pola mañán, no salón de actos da Asociación de Veciños de Santa María:

Ás 11 horas
– Presentación do programa de AGA 2015, por Suso Asorey
– Axudas do PLAN APICOLA 2015, por Gonzalo Calvo
– Apiturismo: Viaxe a Eslovenia,  por Paula Souto
– Campaña de promoción DAS MIÑAS COLMEAS, por Isabel Sanjurjo

Ás 12 horas – Proxección do audiovisual sobre a Vespa Velutina e mesa redonda coa participación de representantes de AGA e abelleiros/as  afectados.

Ás 13 horas – Asemblea xeral de AGA

Pola tarde, na nave de Erica Mel e no Centro do Queixo e do Mel:

Ás 16 horas
– Obradoiro de Xestión do apiario por medio das novas tecnoloxías e sistema antirroubo. Por Mellarius (Portugal) na Biblioteca do Centro do Queixo e do Mel
– Obradoiro de estampación de cera, por Paco Graña. Na nave de Erica Mel
– Obradoiro de encerar cadros de plástico, por Ricardo Mosquera. Na  nave de Erica Mel

Durante todo o día, na nave de Erica Mel haberá feira de materiais apícolas e meles

Ás 18 horas – Clausura.

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL DE AGA

Día 1 de febreiro de 2015 ás 13 horas no local da Asociación de Veciños de Santa María en Arzúa:

– Lectura e aprobación da acta anterior, se procede
– Relatorio de actividades realizadas e economía do ano 2014
– Proposta de programa de actividades e presuposto para o ano 2015.
– Proposta de suba da cota de AGA de 40 a 50 €/ano, para o 2015
– Rogos e preguntas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *