Detectan as primeiras manchas de Mildeu nos viñedos de Rías Baixas

Publicidade
Detectan as primeiras manchas de Mildeu nos viñedos de Rías Baixas

Manchas de aceite de Mildeu na finca de Tremoedo. Foto: Estación do Areeiro

O mildeu xa empezou a aparecer en varias parcelas de Rías Baixas, polo que tanto a Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia, dependente da Consellería do Medio Rural, como a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, recomendan iniciar os primeiros tratamentos.

Así, desde a Estación de Ribadumia informan de que este mércores detectouse nunha parcela do Concello de Ribadumia con fenología adiantada, a primeira mancha de Mildeu con esporulación no envés da folla. “A primavera pola que vimos atravesando, tan chuviosa en moitas xornadas, propiciou a aparición desta primeira mancha antes do que vén sendo habitual nunha campaña media, ao redor de mediados de maio”, informan desde a Estación de Ribadumia.

 “As condicións son especialmente favorables ao fungo do mildeu”

Pola súa banda, desde a Estación do Areeiro tamén informan de que “este mércores atopamos as primeiras manchas de aceite na nosa parcela de seguimento de Tremoedo (O Salnés). Así mesmo, informáronnos da detección doutra mancha confirmada nun viñedo de Sisán, dentro da mesma comarca do Salnés”. En realidade, as condicións climáticas dos últimos días facían esperar a posible aparición dos primeiros síntomas, pois á elevada humidade relativa sumáronse temperaturas nocturnas altas, da orde de 11-13ºC varios días da semana anterior, e mesmo por encima de 17ºC a noite do 18 ao 19 na estación meteorolóxica de Tremoedo, da rede de Meteogalicia.

Desde a Estación do Areeiro advirten de que “na nosa parcela de seguimento incluso algunhas manchas, que presentaban esporulación incipiente, atopáronse en brotes de lonxitude inferior aos 10 cm, o que alude unha vez máis a condicións especialmente favorables ao fungo”.

Recomendacións de tratamento

Ante esta situación, e aínda considerando que moitos viñedos atópanse máis atrasados, os técnicos da Estación do Areeiro aconsellan a aplicación do primeiro tratamento fronte á enfermidade, que debe realizarse cun funxicida sistémico ou penetrante que conteña folpet naqueles viñedos con brotes, follas e varas danados pola saraiba que se rexistrou nalgunhas zonas.

Engaden que este tratamento “pode demorarse ata a aparición das primeiras manchas nas leiras en que apenas estea a apuntar a vexetación, a condición de que se realice unha vixilancia exhaustiva”. Neste caso deben centrar a procura dos síntomas na zona inferior das varas, pois é onde maioritariamente se localizan a inicios de campaña.

Pola súa banda, desde a Estación de Ribadumia, coinciden en que “ante a aparición da infección primaria de Mildeu en Rías Baixas, é necesario tratar todos os viñedos que alcanzaron os 10 cm de desenvolvemento vexetativo, coincidente cos estados fenolóxicos máis adiantados F-G de acios visibles e separados, sensibles a enfermidade”.

En canto aos viñedos menos desenvolvidos, desde a Estación de Ribadumia si que recomendan realizar un tratamento conxunto Mildiu-Excoriose, cuxos preparados para o control de Mildiu levarán algunha das materias activas con acción sobre a Excoriose: Folpet, Mancoceb ou Propineb.

Esprorulacion en mancha de aceite. Foto: Estación do Areeiro

Esprorulacion en mancha de aceite. Foto: Estación do Areeiro

Excoriose e Pedroulo

En canto a outros patóxenos, seguen producíndose condicións propicias para o desenvolvemento da Excoriose nos viñedos que están neste momento coa fenoloxía máis atrasada, xa que son estados máis sensibles á enfermidade. Tamén seguen detectándose algúns focos illados de Pedroulo, que se alimenta dous abrochos da vide ata eliminalos.

Segue sendo recomendable a aplicación de aminoácidos á vexetación para paliar a clorose nos viñedos, facilitando a recuperación dúas dános por saraiba.

Estado fenolóxico:

D-F (saída de follas-acios visibles) en Albariño, a variedade de referencia.

C (punta verde): Sousón.

D (saída de follas: Treixadura, Mencía, Espadeiro, Caíño branco e Mouratón.

E (follas estendidas): Brancellao, Caíño tinto, Merenzao e Godello.

F (acios visibles): Albariño, Torrontés, Branca lexítima, Pedral, Castañal e Loureira tinta.

G (acios separados): Loureira branca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información