Destacan á carpintería Tec-Model pola súa aposta polo piñeiro galego para usos diversos

O director da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, Alfredo Fernández Ríos, visitou ¡as instalacións da empresa Tec-Model Estrada, beneficiaria do programa de axudas da Xunta para a valorización de produtos en madeira

Publicidade
Destacan á carpintería Tec-Model pola súa aposta polo piñeiro galego para usos diversos

O director da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, Alfredo Fernández Ríos, visitou esta semana a carpintería Tec-Model, na Estrada, unha firma que destaca polo uso da madeira de piñeiro galego, certificada coa marca de garantía Pino de Galicia. Ríos destacou que se trata dunha madeira que achega un valor diferencial ás empresas dedicadas á carpintería e o deseño de mobiliario.

Tec-Model resultou beneficiaria o pasado ano do programa de axudas da Axencia Galega da Industria Forestal XERA para a valorización de produtos en madeira, destinada, fundamentalmente, a empresas de segunda transformación e, tamén, do contract. Unha axuda que a esta empresa lle permitiu instalar unha nova liña de cepillado e moldurado da madeira, cun investimento total de 65.000 euros que a Xunta subvencionou con máis de 32.000 euros.

Na visita, o director da XERA puxo de manifesto a importancia da trazabilidade de orixe na industria da madeira e lembrou que, con este motivo, este paquete de axudas convocado recentemente contempla unha liña específica para dixitalización e, outra, para certificacións e informes de calidade e xestión ambiental.

É unha convocatoria de apoios que este ano conta cun orzamento de 4,4 M€ e que aínda se poden solicitar ata o vindeiro 1 de agosto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información