A asistencia de gando ao Mercado Nacional de Amio, en Santiago de Compostela, foi este mércores de tan só 319 reses, 1003 menos que a anterior sesión celebrada o día 22 de xullo.
Este desplome obedece á recente normativa da Consellería do Medio Rural que regula o transporte do gando durante as vagas de calor e que remitiu ao sector este luns.
As dúbidas e o malestar que despertou esta norma tanto entre os tratantes como entre os transportistas do gando, e que consideran inaplicable e pouco realista, fixo que a asistencia fose moi reducida. Tal e como explican dende a Asociación Galega de Empresarios de Gando, “estivemos mirando na aplicación que se nos indica dende a Xunta e comprobamos que, aínda sacando os animais ás tres da tarde e indo para o destino máis lonxano (Cataluña), non se acadan as temperaturas máximas. E, sen embargo, os transportistas prefiren non arriscar.”
Entrando en detalle nas cifras deste mércores do Mercado de Amio, houbo 178 cabezas de vacún menor (977 menos), 29 de vacún mediano (2 menos) e 112 de vacún grande (24 reses menos que o pasado mércores). En canto aos prezos, baixan 0,10 euros os prezos das canais de todo o vacún maior de matadoiro.
A Mesa da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiu por maioría manter os prezos da sesión anterior para todas as clasificacións e as categorías desta carne.

Galego









Control OJD