Desestimada a denuncia contra Unións Agrarias por dicir que Central Lechera Asturiana practica o “apartheid” contra os gandeiros galegos

Desestimada a denuncia contra Unións Agrarias por dicir que Central Lechera Asturiana practica o “apartheid” contra os gandeiros galegos

Foto: CAPSA

O xulgado nº 3 de Siero en Asturias, ven de desestimar a denuncia por difamación presentada por Corporación Alimentaria Peñasanta (CAPSA Food), propietaria de Central Lechera Asturiana ou Larsa, contra Unións Agrarias, logo que a organización agraria criticara “o modus operandi dunha industria que xa foi sancionada pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia por pactar prezos e incorrer en prácticas anticompetitivas en detrimento dos intereses e dereitos dos produtores”.

Neste sentido cando UUAA cualifica de “cártel” esas prácticas comercias, e que foi motivo entre outros da demanda, na propia sentenza se recoñece que  “… En cuanto al uso del término “cártel” no puede obviarse que, si bien no fue usada expresamente en la resolución sancionadora dictada por la Comisión Nacional de los Mercados y de la Competencia en fecha de 11 de junio de 2019 a tal concepto es asimilable la conducta que fue objeto de sanción en la misma por infringir lo dispuesto en el artículo 1 de la Ley 15/2007, de 3 de julio de Defensa de la Competencia…”

Do mesmo xeito na sentencia constátase que definir como “aparheid” o feito de que os gandeiros galegos cobren 5,5 céntimos/l menos por un leite da mesma calidade que os asturianos “no se considera que excedan del límite admisible para la libertad de expresión”. “No texto vanse desmontadando todas e cada unha das acusacións que CAPSA foi vertendo contra Unións Agrarias ata concluir que “las actuaciones atribuidas a los demandados se encuentran en el ámbito propio de la actividad sindical de UUAA”, destacan dende a organización agraria.

Unións lamenta que “a empresa asturiana, lonxe de preocuparse polo futuro do sector lácteo galego e pola base produtora do mesmo se dedique a amedrentar e frear a actividade da organización na defensa dos intereses das explotacións”. Neste sentido, engaden que “a negociación colectiva é o único camiño para acadar unhas relacións máis xustas e igualitarias entre produtores e industria, o contrario é a lei do mais forte na que CAPSA non vai saír vitoriosa xa que, sen gandeiros tampouco son necesarias as fábricas que procesan o leite, porque xa se encargará a distribución de traer as súas propias marcas envasadas”.

Finalmente, a organización reitera “o desaxuste claro que existe entre o prezo que as industrias lácteas pagan aos produtores galegos e aos asturianos. Unha diferenza de prezo constatable e que, ao igual que Unións Agrarias, tamén ten denunciado publicamente a Consellería do Medio Rural”.

Descarga aquí a sentenza

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información