Desenvolven un instrumento para financiar enerxías renovables no sector agrario

O proxecto Resfarm, no que participan en Galicia organizacións como Unións Agrarias, Agaca ou o Sindicato Labrego, deseñou un sistema de bonos verdes para fomentar a enerxía fotovoltaica e de biomasa

Desenvolven un instrumento para financiar enerxías renovables no sector agrario

Rolda de prensa do proxecto Resfarm. / Arquivo.

O proxecto internacional Resfarm, no que participan diversas organizacións, empresas e institucións galegas, conxuntamente con socios do resto de Europa, analizou nos últimos anos a viabilidade da implantación das enerxías renovables no sector agrario. O proxecto desenvolveu un instrumento financieiro para promover a implantación de sistemas como placas fotovoltaicas ou caldeiras de biomasa na agricultura e gandería.

O instrumento financieiro, que se desenvolveu con capital de inversores públicos mediante a emisión de bonos verdes, componse de contratos de suministro estandarizados, especificacións técnicas e modelos de valoración orientados inicialmente a explotacións con necesidades de regadío.

Os socios do proxecto, entre os que figuran Unións Agrarias, Agaca, o Sindicato Labrego e unha organización agraria grega, crearon unha base de datos de explotacións potencialmente interesadas na implantación de enerxías renovables. Nos próximos meses, espérase que se poña en marcha a instalación de diversos sistemas por medio do instrumento financeiro desenvolto no marco do proxecto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información