Desconvocada a asemblea da cooperativa Xallas debido ao coronavirus

Desconvocada a asemblea da cooperativa Xallas debido ao coronavirus

A directiva da Cooperativa Xallas anuncia a desconvocatoria da súa asemblea xeral ordinaria, prevista para este sábado 1 de agosto, debido á situación de emerxencia sanitaria motivada polo coronavirus Covid 19.

“Ante o aumento de novos contaxios da Covid-19, as directrices da Consellería de Sanidade publicadas no DOGA do 27 de xullo e por recomendación dos nosos servizos xurídicos, a xunta reitora decidiu desconvocar a asemblea”, explican dende a directiva da cooperativa xalleira.

Engaden que lamentan esta situación e piden a comprensión dos socios. Dende a xunta reitora aseguran que a prioridade debe ser “evitar situacións de risco e que non poida verse afectado o dereito ao voto dos cooperativistas para a elección e nomeamento de cargos”.

A directiva informará da próxima data prevista para a celebración da asemblea.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información