A Alianza por un Medio Rural Vivo, colectivo que integran a Organización Galega de Comunidades de Montes, a Federación Rural Galega, o sindicato CIG e a asociación ecoloxista Adega, está a trasladar estos días o seu malestar coas directrices elaboradas polo Consello Forestal para renovar o Plan Forestal de Galicia.
Desde a Alianza, recoñecen que as directrices elaboradas polo Consello Forestal incorporan criterios acertados de xestión sustentable, pero cuestionan tamén partes do documento nas que atopan lagoas e decisións erradas.
O Consello Forestal, un órgano consultivo da Xunta no que participan asociacións de propietarios, organizacións agrarias e outros colectivos da sociedade civil, elaborou durante o último ano unha serie de directrices para renovar o Plan Forestal de Galicia, que data de 1992. Esas directrices serán tidas en conta pola Xunta para darlle forma á proposta final do Plan, que se debatirá no Parlamento este ano.
A Organización Galega de Comunidades de Montes considera que o debate do Consello en torno ás directrices do Plan foi excesivamente guiado pola Administración e que non se tiveron en conta algunhas das reivindicacións que alí se expuxeron.
Biomasa
A Alianza percibe ademais que as directrices do Plan Forestal emanan unha visión forestalista do monte orientada á produción de madeira de baixa calidade. Tanto a Alianza como outras organizacións asinantes dun documento reivindicativo que se lle trasladou á Xunta, caso do Sindicato Labrego ou Ovica, opóñense ós cultivos enerxéticos dirixidos a plantas de biomasa de produción eléctrica.
Os colectivos asinantes son contrarios asimesmo á forestación de terras agrarias e piden unha política forestal que contribúa a adaptar o monte galego ó cambio climático.
pero que cambio climatico se chove mais que nunca en galicia !!! a reforestacion de terreo agrario hay que ver a productividade que se pode sacar segun a calidade e pendente do terreo , non e o mesmo reforestar terreos na zona agricola da limia que uhna pradeira con pedra aflorando e unha pendente do 30% ou terreos no medio do monte que estan a merced das plagas , o que pasa que e mais comodo prohibir que debullar situacions e comerse a cabeza eso e moito traballo para os da oposicion ..