Descontento co anteproxecto de lei sobre animais de compaña

Colectivos de cazadores e organizacións agrarias insisten en reclamar cambios que diferencien os animais domésticos urbáns dos rurais destinados a labores de garda, custodia do gando ou caza

Descontento co anteproxecto de lei sobre animais de compaña

Cazadores e organizacións agrarias piden un trato diferenciado para os cans de caza, de garda e de custodia do gando./ Imaxe: Unitega.

O anteproxecto da Lei de protección e benestar dos animais de compaña está a xerar preocupación no rural. Colectivos de cazadores e organizacións agrarias reclaman un trato diferenciado para os cans destinados a labores de garda, custodia do gando ou caza. Unións Agrarias advertía recentemente de que co anteproxecto de lei na man, as explotacións que teñan mastíns para defender o gando dos ataques do lobo poderían ser sancionadas por poñer en risco a vida do animal.

O periodo de alegacións ó anteproxecto xa rematou e desde a Unión de Tecores de Galicia (Unitega) reclaman de Medio Ambiente consenso na posta en marcha da normativa. Unitega tacha de “desprezo” que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, promotora do texto, non se teña reunido ata o de agora cos colectivos de cazadores para buscar un punto de encontro. Desde a Unión, en nota de prensa emitida onte, piden unha reunión conxunta entre Medio Ambiente, a Federación Galega de Caza, a Mesa Galega da Caza e Unitega.

Valoracións no agro
A preocupación polo anteproxecto de lei exténdese tamén a Unións Agrarias. A organización considera que os cans enfrontan no rural situacións de risco que non se poden evitar, caso da defensa dos rabaños ou da participación en batidas contra o xabarín, polo que pide un trato diferenciado, xa que entende que os cans do rural non son equiparables ós animais domésticos urbáns.

Unións tamén é partidaria de non penalizar algunhas prácticas que prohibiría a nova normativa, coma o intercambio de cachorros, feito entre profesionais e sen ánimo de lucro, pois trátase, di, dunha práctica convinte para evitar problemas de consanguinidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información