Descenso nos prezos da Central Agropecuaria

O recinto feiral de Silleda retomou esta semana a poxa de gando e presenta baixadas en case todas as categorías de becerros de recría e vacún maior

Descenso nos prezos da Central Agropecuaria

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA (Silleda) rexistrou hoxe un total de 1.325 animais, dos cales 1.202 foron adxudicados, unhas cifras lixeiramente inferiores á sesión celebrada a semana do 6 de agosto.

En canto aos prezos, case todas as categorías, tanto de becerros como de vacún maior, presentan baixadas con respecto a hai dúas semanas.

Prezos do gando
A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 133 euros, 12 euros máis que na semana do 6 de agosto; os de 21 a 50 días manteñen o prezo en 163 euros e os de máis de 50 días a 167 euros, caendo 58 euros. En canto aos de cruces industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 345 euros (-57 euros), mentres que as femias vendéronse a 269 euros (+34 euros). Os de 21 a 50 días chegaron aos 413 euros, cunha baixada de 17 euros, e as femias descenderon o seu valor 7 euros, ata os 281 euros de prezo medio. Finalmente, os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 617 euros (-16 euros) e as femias de 380 euros (-54 euros).

20_08_2024_page-0001

Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial incrementaron o seu prezo medio 119 euros e cotizáronse a 1.296 euros, mentres que as femias baixaron 20 euros (1.023 euros). Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.320 euros de media os machos, o que supón un descenso de 28 euros e as femias descenderon o seu valor medio en 75 euros, ata os 1.044 euros. Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema quedan cun valor medio de 1.227 (+4 euros).

No vacún maior houbo baixada de prezos fóra da categoría primeira, na que subiron ata os 1.185 (+26 euros). A categoría extra cotizouse a un valor medio de 1.976 euros (+151 euros); a segunda a 770 euros (-13 euros) e na de desfeito vendéronse a un prezo medio de 482 euros. Os animais poxados baixo o selo de Vaca y Buey de Galicia subiron 127 euros o seu valor medio, fixando un prezo medio de saída de 1.655 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a semana pasada. Así, o porco selecto págase a 1,855 euros, os da categoría normal a 1,83 euros, os de canle II a 2,377 euros e os de desvelle 0,78/0,84 euros.

20_08_2024_page-0002

Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 62 euros (cun prezo de 3,1 euros o quilo) e os animais procedentes de varias gandarías cotízanse a 57 euros e cun prezo por quilo de 2,85 euros; ambos presentan unha baixada de 3 euros.

O mercado do ovo queda da seguinte maneira: os da XL pagáronse a 2,88 (+0,03); os da L a 2,28 (+0,04), os da M quedan en 1,95 e, finalmente, os da o S en 1,66, estes dous últimos mantéñense igual.

O prezo do coello mantense igual e está nos 2,2 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información